Mediante resolución da Presidencia número 14319, do 5 de abril de 2023, que foi publicada no BOP do 11 de abril de 2023, concedéronse de forma provisional as subvencións da convocatoria FO207: Programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais, durante o ano 2023
O Servizo Municipal de Deportes abre o prazo de pago dos abonos da piscina municipal. O pago realizarase a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Sada. Ademáis no control de acceso á piscina informarase e axudarase ás personas que o necesiten na na realización do trámite.
Proposta do Concelleiro de Cultura, Comercio e Turismo, de data 02.05.2023, na que solicita a aprobación dunha ampliación temporal dos horarios xerais de peche para os establecementos de hostalaría e lecer do termo municipal, con motivo da celebración do Festival 8chéntame Sada, para potenciar o posible efecto positivo que a congregación de público pode ter sobre a actividade económica no ámbito local.
Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, ou contratacións temporais de carácter laboral do art. 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal psicólogo, da escala de administración especial, subescala técnica, en todo aquelo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2023”, aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 15 de marzo de 2023. (BOP núm.57, do 23-03-2023).
CONCESIÓN DEFINITIVA DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA FO106: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E OUTRAS ENTIDADES LOCAIS PARA O MANTEMENTO OU CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO NOS SERVIZOS MUNICIPAIS DE DEPORTE EN 2023.
Desde o 24 de abril ás 12:00 horas está aberta a piscina e a sala fitness do complexo deportivo municipal en xornadas de portas abertas.
250 escolares do CEIP "Sada e Contonos" e Mosteirón así como dos institutos Isaac Díaz Pardo e Mosteirón participarán nesta xornada que terá lugar no Paseo Marítimo entre as 10:30 e as 13:00 hora do próximo mércores
A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) prevé reunir máis dun cento de embarcacións e case un milleiro de tripulantes na vila coruñesa, onde ofrecerá un variado programa cultural
A concellaría de Educación, xestionada por Sergio García celebrará o vindeiro sábado 22 de abril o Día do Libro 20123 con actividades de lecer adicadas á literatura.
En base ao informe de Seguridade Viaria solicitado ao Servizo de Emerxencias Municipal retirarase nos próximos días o seto central da Avenida dá Mariña.
O Concello de Sada habilita un sistema de pasarela de pagos para as entradas no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns ampliable a outros espazos onde se teña que cobrar por acceder.
Pezas de barcos, ferramentas para construílos ou maquetas reúnense na mostra, que é antesala do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se desenvolverá do 3 ao 6 de agosto na vila 20 de marzo de 2023.