Actualidade

Filtrar

CANTACONTOS KAIROS, MÚSICA E CONTOS

CANTACONTOS KAIROS, MÚSICA E CONTOS

O venres día 12 de abril ás 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura terá lugar o Cantacontos Kairos para nenos e nenas con idades de 0 a 6 anos.


04 / ABR / 2024

COMPARTIR EN:
O Concello de Sada propón a Sargadelos a sinatura de dous convenios para a apertura da Pia do Loureiro e do Museo Carlos Maside

O Concello de Sada propón a Sargadelos a sinatura de dous convenios para a apertura da Pia do Loureiro e do Museo Carlos Maside

Para a apertura da piscina o Concello trasladou a Sargadelos o compromiso para executar unha serie de melloras, así como a asunción do mantemento e gastos derivados do seu uso. O goberno local amosou a Sargadelos o seu firme compromiso para que o importante patrimonio artístico e cultural que atesoura o Museo Carlos Maside sexa accesible á cidadanía, propoñendo un convenio dotado con 15.000 euros para ampliar o horario de visitas


22 / MAR / 2024

COMPARTIR EN:
CONTACONTOS EN MOVEMENTO: LIBROS E IOGA

CONTACONTOS EN MOVEMENTO: LIBROS E IOGA

O venres 5 de abril no auditorio da casa da cultura ás 17:00h prográmase o contacontos en movemento: libros e ioga! para nenos e nenas con idades de 4 a 7 anos dentro da actividade Ler Conta Moito que organiza a Biblioteca Municipal.


20 / MAR / 2024

COMPARTIR EN:
Sada inicia un programa pioneiro que aborda necesidades na adolescencia

Sada inicia un programa pioneiro que aborda necesidades na adolescencia

Trátase dun programa pionero no Concello de Sada que aborda as necesidades da mocidade tratando as problemáticas relacionadas con habilidades sociais e emocionais das que eles mesmos ás veces non son conscientes.


14 / MAR / 2024

COMPARTIR EN:
Sada programa os actos do 8M "Día Internacional da Muller 2024"

Sada programa os actos do 8M "Día Internacional da Muller 2024"

A Concellería de Benestar social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada presenta a programación das distintas actividades que se van a levar a cabo para a conmemoración do "8M Día Internacional da Muller".


04 / MAR / 2024

COMPARTIR EN:
O goberno local leva a pleno o orzamento máis elevado da historia de Sada, 15 millóns de euros

O goberno local leva a pleno o orzamento máis elevado da historia de Sada, 15 millóns de euros

O orzamento contempla subidas notables en servizos públicos básicos (+37%) ou protección social (20%). “Sada precisa destes orzamentos. Dende o goberno local facemos un chamamento á responsabilidade da corporación para que respalde unhas contas equilibradas, sociais e que apostan pola mellora dos espazos públicos” remarcou o alcalde, Benito Portela.


19 / FEB / 2024

COMPARTIR EN:
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS CURSO 2024-2025 NOS CENTROS ESCOLARES DE SADA

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS CURSO 2024-2025 NOS CENTROS ESCOLARES DE SADA

A Concellería de Educación visibiliza as distintas xornadas de portas abertas dos CEIP de Sada


29 / ENE / 2024

COMPARTIR EN:
O plan de conservación das Brañas de Sada sométese a participación pública

O plan de conservación das Brañas de Sada sométese a participación pública

O plan de conservación de As Brañas deseñado polo Concello de Sada en colaboración co Instituto de Biodiversidade Agraria, o Ceida e a Reserva de Biosfera eríxese como un instrumento crave para reverter a deterioración deste valioso enclave natural


03 / ENE / 2024

COMPARTIR EN:
O goberno local inicia contactos coa oposición de cara á elaboración dos orzamentos de 2024

O goberno local inicia contactos coa oposición de cara á elaboración dos orzamentos de 2024

O alcalde, Benito Portela, considera que as contas de 2024 “son fundamentais para Sada” logo de que en 2023 fosen prorrogadas as do ano anterior


21 / DEC / 2023

COMPARTIR EN:
AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR CURSO 2023-2024

AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR CURSO 2023-2024

Convocatoria que ten por obxecto o establecemento de axudas económicas aos desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2023- 2024, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos.


19 / DEC / 2023

COMPARTIR EN: