O Concello de Sada organiza desde a OMIX duas propostas novas dentro do Sendereando Outono 2022.
A concellería de promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado organiza un curso de Alimentación Saudable baseado na cultura gastronómica galega. Todos os martes pola tarde na Asociación de Vecinos Armental de Carnoedo. Gratuito
O equipo de profesionais deste servizo municipal está formado por unha psicóloga, unha terapeuta ocupacional e unha logopeda, especialistas no eido da atención temperá, que atenderán o servizo de luns a xoves en horario de mañán e tarde e os venres polas mañáns, previa cita, no local anexo aos servizos sociais municipais.
As dúas exposición contan coa colaboración do Concello e se compoñen dunha selección de máis de 400 fotografías do arquivo do colectivo. O horario de visita da mostra na Capela de San Roque, que se abre mañá e que é de acceso gratuíto, será de martes a sábado, de 10.30 horas a 13.30 horas, e de 18.00 a 21.00 horas. A exposición de rúa da Feira Modernista a compoñen 10 paneis con 50 fotografías de finais do século XIX e principios do XX e poderase visitar na zona da feira do 29 ao 31 de xullo.
A Feira Modernista de Sada deixa atrás o “modo confinamento” e, do mesmo xeito que a famosa “gripe española” afectou á vida social no inicio da segunda década do s.XX, un século máis tarde podemos animarnos a quitar o xesto serio e a saír á rúa para evocar unha época e unha corrente artística singular: o Modernismo.
A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, un autobús que estará na Praza Irmáns Suárez Picallo de Sada xoves 28 e venres 29 de abril así como o luns 2 e martes 3 de maio, para ofrecer consultas de audiología, podoloxía e estimulación da memoria.
O alcalde de Sada solicita formalmente unha entrevista co presidente da Xunta de Galicia para poder tratar e concretar, á maior brevidade posible, os acordos precisos para trasladar o centro de saúde á parcela dotacional recollida no Plan Xeral de Ordenación Municipal.
O artista urbano Yoseba MP, autor das coñecidas superabuelas, elabora un mural na rúa Ponte de Sada a partir dunha foto de traballadoras sadenses de mediados do século XX
Dentro do programa “A volta coas TIC´S”, no Concello de Sada oferta novos cursos formativos gratuítos.