O Concello de Sada e COGAMI organizan o próximo 29 de novembro ás 18 horas na Capela de San Roque unha xornada de sensibilización na que se ofrecerá ás familias información sobre os beneficios da atención temperá.
Onte pola tarde celebrouse Pleno Extraordinario no que o executivo de Benito Portela fixo repaso da situación da seguridade cidadá no municipio, así como dos recursos existentes para o seu mantemento e os reforzos previstos para mellorar o servizo. O vindeiro luns 4 de decembro convocarase Xunta Local de Seguridade na que abordar coa Subdelegación do Goberno asuntos da súa competencia vinculados coa seguridade no noso municipio
Os traballos que ascenden á cantidade de 175.000 euros forman parte do POS+2022
En base ao informe de Seguridade Viaria solicitado ao Servizo de Emerxencias Municipal retirarase nos próximos días o seto central da Avenida dá Mariña.
A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas aos desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2022-2023, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos.
A comitiva real sairá da Lonxa ás 18:00 horas e percorrerá o centro urbano para rematar na Casa da Cultura onde os Reis Magos recibirán ás nenas e nenos de Sada a partir das 19:30 horas.
Segundo os organismos preditores, a Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia, no día de mañá (sábado 30 de decembro) entrará unha fronte polo oeste que virá acompañada de ventos fortes e choivas abundantes e que, pode ter impacto na poboación ao tratarse de datas nas que se multiplican os desprazamentos, reunións e actividades na rúa.
Sábado 26 de novembro con saída da praza Irmáns García Naveira ás 10:30 horas.
A equipa redactora entregou a documentación completa do PERI da Rúa Lagoa. O Plan prevé a obtención, por cesión gratuita, dunha parcela de 2.631 m2 para o novo Centro de Saúde. O 30% do uso residencial será destinado a vivenda protexida e o 84% do polígono será destinado a zonas públicas.
O equipo redactor entrega o documento, que expón crear plataformas compartidas e gañar espazo para os peóns nas avenidas Barrié de la Maza e A Mariña, na praza Igrexa Nova ou na Rúa dá Praia
O Concello licita a obra por 336.440 euros, tras solicitar unha revisión do orzamento do proxecto orixinal. É unha obra cun prazo de execución de cinco meses.
O Concello de Sada, a través da concellería de Participación Cidadá ven conseguir que o transporte metropolitano inclúa unha liña entre Soñeiro e o centro urbano con catro rutas diarias. O Concello lembra tamén que grazas as alegacións ao transporte metropolitano presentadas polo goberno municipal temos dende hai uns meses enlace entre a parada diante do Concello e o Centro de Saúde.