O Concello de Sada, a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, fomenta o proxecto de colaboración RELEVO 2020, unha iniciativa de carácter formativo promovida por varios Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), entre eles o GALP GOLFO ÁRTABRO SUR do que o Concello de Sada forma parte.
Festival de artes escénicas TACHÁN, Mercado Mariñeiro e xuntanza de embarcacións tradicionais para celebrar as Festas do Carme esta fin de semana en Sada. Colabora Deputación da Coruña
A Concellería de Promoción Económica e Turismo considera que neste momento en que empeza a controlarse a afectación da pandemia COVID-19 é preciso incentivar a recuperación dos distintos sectores económicos sadenses sendo a celebración das tradicionais Festas do Carme un momento axeitado para facelo, “xa que se trata dunha festividade que xunta a un tempo a participación popular e a posta en valor dos produtos gastronómicos que se extraen da nosa ría, do noso mar”.
O Pleno da Corporación aprobou onte a proposta de alcaldía do anteproxecto da ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais, cun orzamento total de execución por contrata de 10.306.727,89 euros, logo de que fose sometido ao trámite de información pública sen que se presentara ningunha alegación. A Alcaldía realizou os trámites perante Augas de Galicia solicitando a colaboración técnica e financiera para abordar a ampliación da EDAR de Sada coa fin de adecuar a súa capacidade de tratamento as necesidades actuais do sistema de saneamento. Trátase dunha das inversións máis importantes de Sada nos últimos 40 anos.
A actividade de “Roteiros en vela” vai dirixida a todos aquelas persoas interesadas pola mesma , promovida pola Concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, para dotar as persoas dunha actividade fundamental para motivar, hixienizar e mellorar a vida, poñendo dita actividade ao seu alcance e facilitando o coñecemento da nosa única e inigualable ría.