Presentará tamén un proxecto para o castelo de Fontán a esta liña de axudas para actuacións de "embelecemento do litoral"
O Goberno Local está a reformar o inmoble para habilitar na planta baixa un aula infantil-ludoteca e un ximnasio e na planta alta unha sala destinada a aula musical e tamén espazos destinados ás asociacións e clubs deportivos do municipio, para organizar reunións e atender aos seus asociados.
O orzamento contempla subidas notables en servizos públicos básicos (+37%) ou protección social (20%). “Sada precisa destes orzamentos. Dende o goberno local facemos un chamamento á responsabilidade da corporación para que respalde unhas contas equilibradas, sociais e que apostan pola mellora dos espazos públicos” remarcou o alcalde, Benito Portela.
O plan de conservación de As Brañas deseñado polo Concello de Sada en colaboración co Instituto de Biodiversidade Agraria, o Ceida e a Reserva de Biosfera eríxese como un instrumento crave para reverter a deterioración deste valioso enclave natural
O delegado do goberno, Pedro Blanco, comprométese co alcalde de Sada a trasladar ao Ministerio o proxecto para reducir o risco de inundación no casco urbano de Sada que conta co respaldo da Xunta de Galicia e o compromiso da Deputación da Coruña.
O Plan Único é a ferramenta da Deputación para o financiamento de obras e servizos públicos dos concellos da provincia. Este plan destinará un total de 50,5 millóns de euros para toda a provincia o vindeiro ano e máis de 600.000 para o Concello de Sada
O Concello de Sada reformará o inmoble para habilitar na planta baixa un aula infantil-ludoteca e un ximnasio e na planta alta unha sala destinada a aula musical e tamén espazos destinados ás asociacións e clubs deportivos do municipio, para organizar reuniones e atender aos seus asociados.
Proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre, dunha (1) praza de albanel, persoal laboral, pertencente ao Grupo IV, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2023 (BOP núm. 85, do 05-05-2023) en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2023.
O goberno municipal presentará ao vindeiro pleno ordinario un modificativo de crédito no que se inclúe unha partida de 109.573 euros para o proxecto de pavimentado e peche de parcela así como o cableado de aulas do Centro Municipal de Formación Ocupacional de Osedo.
A Xunta de Goberno Local aprobou onte a licitación do proxecto de renovación do pavimento da pista municipal de patinaxe de velocidade de Sada cun orzamento de 65.554,27€
O goberno municipal, a través da concellería de Deportes, Educación e Xuventude, quere dar saída a histórica demanda da mocidade en Sada levando ao pleno o primeiro paso para a construcción dun skate park. “Queremos que a mocidade de Sada se sinta escoitada” sinala a concelleira de Deportes, Rebeca Mouriño, quen adianta que para a redacción do proxecto teranse en conta e reuniranse cos usuarios potenciais, “posto que quen mellor que eles para coñecer as súas demandas para unha pista que levan anos reclamando”