Contratación laboral temporal de un peón-forestal ao abeiro da subvención do APROL (PS 8-22)
Sada Móvese !!!. A concellería de Mocidade programa para o mes de xullo diversas actividades orientadas á xuventude có obxectivo que a veciñanza participe nas actividades saúdables de lecer tendentes a adquirir habilidades persoais e aprendizaxe de novas capacidades. Na se inclúe oferta Paddel Surf, cursos de DJ ou de produción musical, zumba, actividades infantís, entranamento funcional e unha nova proposta no horto urbano para a infancia: cocicontos.
O Concello de Sada, a través da concellería de Cultura, pon a disposición de todas aquelas persoas do municipio que traballen nas artes escénicas, danza, escultura, música, literatura, fotografía ou calquera outra disciplina artística, o Catálogo de Artistas co obxectivo de recoller información do noso tecido artístico, potencialo e poñelo en valor.
Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal laboral así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de socorrista.
O Club de Atletismo Sada e o Concello de Sada organizan conxuntamento o VI TRAIL COSTA DOCE que terá lugar o sábado 11 e o domingo 12 de xuño do 2022 en Sada.
Sada recupera a tradicional festa de San Xoan e programa música, a súa famosa sardiñada e fogos de artificio para a noite máis curta.
Na noite do 23 de xuño autorízase a realizar lumaradas en espazos de titularidade pública no Concello de Sada. Para isto, será preciso que as persoas interesadas presenten unha comunicación por escrito a través do rexistro xeral antes do día 20 de xuño ás 14:00 horas. Así mesmo será de obrigado cumprimento a notificación daquelas cacharelas a realizar en casas/fincas particulares ou espazos privados do municipio.
A Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías oferta 140 prazas nas Escolas de Verán 2022 para atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.
Os clubes do municipio organizan coa colaboración da concellería de Deportes de Sada distintos Campus Deportivos para este verán
O pleno da corporación aprobou onte a proposta de alcaldía relativa ao POS+2022 do proxecto corrixido investimento Senda peonil Veigue e actualización do proxecto Renovación Párroco Villanueva.
ACORDO DO TRIBUNAL CUALIFICADOR NOMEADO POLO DECRETO DA ALCALDÍA núm. 693/2022, 20 de maio, PARA DESENVOLVER A FASE DE MÉRITOS E ACTOS RELACIONADOS DE DIVERSOS PROCESOS SELECTIVOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DA SENTENZA E RESOLUCIÓNS COMPLEMENTARIAS DITADAS POLO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA NO PROCEDEMENTO ORDINARIO 862/210
O alcalde Benito Portela asinou un convenio co grupo Sargadelos para a utilización da piscina os dous próximos veráns. A Xunta de Goberno Local do pasado xoves aprobou ademáis a iniciación do expediente de contratación dunha empresa para o servizo de socorrismo, mantemento e limpeza da piscina descuberta.