O Club de Atletismo Sada e o Concello de Sada organizan conxuntamento o VI TRAIL COSTA DOCE que terá lugar o sábado 11 e o domingo 12 de xuño do 2022 en Sada.
Sada recupera a tradicional festa de San Xoan e programa música, a súa famosa sardiñada e fogos de artificio para a noite máis curta.
Na noite do 23 de xuño autorízase a realizar lumaradas en espazos de titularidade pública no Concello de Sada. Para isto, será preciso que as persoas interesadas presenten unha comunicación por escrito a través do rexistro xeral antes do día 20 de xuño ás 14:00 horas. Así mesmo será de obrigado cumprimento a notificación daquelas cacharelas a realizar en casas/fincas particulares ou espazos privados do municipio.
A Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías oferta 140 prazas nas Escolas de Verán 2022 para atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.
Os clubes do municipio organizan coa colaboración da concellería de Deportes de Sada distintos Campus Deportivos para este verán
O pleno da corporación aprobou onte a proposta de alcaldía relativa ao POS+2022 do proxecto corrixido investimento Senda peonil Veigue e actualización do proxecto Renovación Párroco Villanueva.
ACORDO DO TRIBUNAL CUALIFICADOR NOMEADO POLO DECRETO DA ALCALDÍA núm. 693/2022, 20 de maio, PARA DESENVOLVER A FASE DE MÉRITOS E ACTOS RELACIONADOS DE DIVERSOS PROCESOS SELECTIVOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DA SENTENZA E RESOLUCIÓNS COMPLEMENTARIAS DITADAS POLO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA NO PROCEDEMENTO ORDINARIO 862/210
O alcalde Benito Portela asinou un convenio co grupo Sargadelos para a utilización da piscina os dous próximos veráns. A Xunta de Goberno Local do pasado xoves aprobou ademáis a iniciación do expediente de contratación dunha empresa para o servizo de socorrismo, mantemento e limpeza da piscina descuberta.
O Club Taekwondo Sada organiza o Campus de Verán 2022 aberto a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
O club Atletismo Sada organiza, coa colaboración do Concello de Sada, o Campus Atletismo Verán 2022 que terá lugar do 27 de xuño ao 2 de setembro
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar
A Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Tics ten programa cursos de horticultura buscando que a veciñanza de Sada e a cidadanía en xeral, participen en actividades de lecer e tempo libre coa finalidade de que poidan adquirir habilidades persoais e aprendizaxe de novas capacidades relacionadas coa temática de horto urbano e agricultura ecolóxica.