O club Atletismo Sada organiza, coa colaboración do Concello de Sada, o Campus Atletismo Verán 2022 que terá lugar do 27 de xuño ao 2 de setembro
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar
A Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Tics ten programa cursos de horticultura buscando que a veciñanza de Sada e a cidadanía en xeral, participen en actividades de lecer e tempo libre coa finalidade de que poidan adquirir habilidades persoais e aprendizaxe de novas capacidades relacionadas coa temática de horto urbano e agricultura ecolóxica.
A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Sada convoca un concurso de creación literaria de participación aberta ao conxunto da comunidade na modalidade de poesía. A iniciativa enmárcase dentro do marco de celebración das Letras Galegas e complementa ao conxunto coa programación cultural municipal.
Mediante resolución da Presidencia 15499, do 28 de marzo de 2022, que foi publicada no BOP do 30 de marzo de 2022, concedeuse de forma provisional, as subvencións da convocatoria FO207: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais, durante o ano 2022,
O Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais da Deputación Provincial da Coruña concedeu ao Concello de Sada unha subvención correspondente ao programa FOPPSS/2022 por importe de 189.029 euros.
A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, un autobús que estará na Praza Irmáns Suárez Picallo de Sada xoves 28 e venres 29 de abril así como o luns 2 e martes 3 de maio, para ofrecer consultas de audiología, podoloxía e estimulación da memoria.
A veciñanza pode dar aviso directamente ao Servizo de Emerxencias (tlf. 607438457), operativo as 24h. e que garante a prestación do servizo dentro das primeiras 24h. de recepción do aviso, así como notificar ao Concello a través dos distintos medios habilitados a tal fin (portal de incidencias , correo electrónico, etc..). Ademais, coa entrada en vigor do Convenio coa Xunta de Galicia pódese informar tamén a través do 012, onde se lles facilitará un número de aviso e a posible data de retirada do niño.
A Deputación da Coruña organiza os Campamentos de Verán 2022 para os que ao Concello de Sada correspóndelle 7 prazas. A preinscrición debrá facerse no rexistro do Concello de Sada antes do 20 de maio. En caso de superar a demanda ás prazas concedidas realizarase un sorteo público na área de Deportes o 23 de maio ás 12:00 horas.
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego organiza do 20 ao 22 de maio unha feira de establecementos de comida móbil nunha carpa que se instalará na Plaza Irmáns Suárez Picallo
“A maleta viaxeira” chega ás parroquias de Sada para promover hábitos de lectura. A concelleira de participación Cidadá e Mocidade, Rebeca Mouriño, propón con esta iniciativa “revitalizar os espazos creando lugares atractivos onde prime o movemento social interxeneracional”.