O Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Sada retoma de novo a súa actividade
A artista galega Doa Oa foi a encargada de plasmar ao longo do desnivel das escaleiras un bosquexo dunha composición botánica inspirada pola idea que Isaac Díaz Pardo mostrou a través do seu traballo nas súas diferentes etapas, sobre a recuperación da memoria de Galicia.
O Concello de Sada, a través das concellerías de Turismo e de Cultura, ven de habilitar unha nova aplicación para realizar a reserva de entrada para as visitas ao Pazo de Meirás
O Concello de Sada, a través da concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, programou actividades de dinamización para público infantil e familiar nas parroquias do municipio durante o mes de agosto
Desde o Concello consideramos as festas como manifestación da cultura popular e dos espazos públicos, que serven para o diálogo e o intercambio entre a veciñanza. É por eso que desde Cultura vos presentamos unha programación para todos os públicos, sobre todo familiar, ao aire libre, e en diferentes emprazamentos para disfrutar de toda nosa Vila. Apostamos polo talento local con varios grupos musicais da zona e tamén dalgunhas compañías extranxeiras porque a multiculturalidade é parte do noso día a día, porque de Sada somos todas e todos. Traballamos para que a veciñanza goce dunhas festas sostibles. Sexamos responsables e respectemos ás medidas e recomendacións sanitarias ao máximo. A cultura é segura!
A Concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado en colaboración coa Concellería de Educación e Deporte programan unha actividade de “Aventura e supervivencia” dirixida a todos aquelas persoas interesadas pola mesma para dotar as persoas dunha actividade fundamental para motivar, hixienizar e mellorar a vida, poñendo dita actividade ao seu alcance e facilitando o coñecemento da nosa natureza, xunto con técnicas de supervivencia e primeiros auxilios nun contexto lúdico e de aventura.
O Concello de Sada, a través da concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, programa actividades de dinamización para público infantil e familiar nas parroquias do municipio no mes de agosto
O Concello de Sada, a través da Concellería de Cultura, programa para a fin de semana do 31 de xullo e 1 de agosto a X FEIRA MODERNISTA DE SADA, marcada pola pandemia do COVID19 e organizada para cumprir con todas as medidas de seguridade vixentes.
A día de hoxe máis do 60% dos plans da banda ancha están sen executar polo que o Concello de Sada realizará unha consulta real do despregamento de fibra no municipio recollendo referencias catastrais de zonas que quedan fóra do anunciado polo Ministerio.
O Concello de Sada expresa a súa satisfacción pola enorme demanda de solicitudes de visita ao Pazo de Meirás. Entidades memorialistas e vítimas e familiares de vítimas da ditadura serán as primeiras en visitar o BIC. O sábado, 3 de xullo, terá lugar unha visita institucional das corporacións municipais sadenses desde o 2007.