A entidade LLEGA700 leva a cabo as actuacións técnicas GRATUITAS necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT.
A concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego convoca o concurso de postais de Nadal que ten por obxectivo principal o fomento da interrelación da comunidade escolar, tecido comercial e veciñanza de Sada e o fomento do galego nestos eidos a través da elaboración de postais de Nadal que serán seleccionadas polo Concello de Sada para a campaña de Nadal do presente ano.
O equipo redactor entrega o documento, que expón crear plataformas compartidas e gañar espazo para os peóns nas avenidas Barrié de la Maza e A Mariña, na praza Igrexa Nova ou na Rúa dá Praia
O Alcalde de Sada, Benito Portela, ven de remitir sendas misivas á Dirección General de la Costa y el Mar e á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural nas que demanda unha xuntanza entre as distintas administracións para definir a execución dun Plan Director de rehabilitación do edificio de A Terraza de Sada.
O Concello de Sada organiza desde a OMIX duas propostas novas dentro do Sendereando Outono 2022.
A nova depuradora de Sada quedará dimensionada para atender as necesidades dunha poboación de 24.393 habitantes no ano horizonte 2044 e unha achega industrial de 6.070 habitantes equivalentes. O alcalde de Sada, Benito Portela, agadeceu a Augas de Galicia a súa disposición para aceptar a proposta do goberno municipal para abordar a financiación da ampliación da EDAR de Sada coa fin de adecuar a súa capacidade de tratamento as necesidades actuais do sistema de saneamento así como agradeceu aos técnicos do ente autonómico e do Concello de Sada polo gran traballo realizado na redacción do anteproxecto. Portela celebrou a consecución desta actuación que permitirá "solucionar o saneamento de augas residuais". O rexedor manifestou o seu desexo de que as obras poidan comezar canto antes dado o aumento da poboación que está a experimentar o Concello de Sada nos últimos anos”.
O Concello de Sada programa unha serie e actividades socioculturais dirixidas co obxectivo de fomentar o aprendizaxe, a participación e o lecer no tempo libre da cidadanía sadense.
Na noite do 23 de xuño autorízase a realizar lumaradas en espazos de titularidade pública no Concello de Sada. Para isto, será preciso que as persoas interesadas presenten unha comunicación por escrito a través do rexistro xeral antes do día 20 de xuño ás 14:00 horas. Así mesmo será de obrigado cumprimento a notificación daquelas cacharelas a realizar en casas/fincas particulares ou espazos privados do municipio.
A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Sada convoca un concurso de creación literaria de participación aberta ao conxunto da comunidade na modalidade de poesía. A iniciativa enmárcase dentro do marco de celebración das Letras Galegas e complementa ao conxunto coa programación cultural municipal.
A veciñanza pode dar aviso directamente ao Servizo de Emerxencias (tlf. 607438457), operativo as 24h. e que garante a prestación do servizo dentro das primeiras 24h. de recepción do aviso, así como notificar ao Concello a través dos distintos medios habilitados a tal fin (portal de incidencias , correo electrónico, etc..). Ademais, coa entrada en vigor do Convenio coa Xunta de Galicia pódese informar tamén a través do 012, onde se lles facilitará un número de aviso e a posible data de retirada do niño.
A Concellería de Normalización Lingüística e Medio Ambiente organiza o domingo 27 de marzo na Casa da Cultura "Pintor Lloréns" en horario de 12.00 a 13.00h un obradoiro de Arte e Xogo.
Desde a empresa concesionaria da auga VIAQUA informan que por mor da reparación dunha avaría que EMALCSA ten que realizar na rede de abastecemento que fornece ao noso Concello, podería verse interrompido temporalmente a subministración de auga en horario previsto de 23:00 horas de hoxe xoves ás 06:00 horas de mañá venres.