A concellería de Comunicación celebra a celeridade coa que finalmente se tramitaron os informes para a conexión da rede de paneis dixitais e deste xeito agradece a implicación de todas as entidades
Na noite do 23 de xuño autorízase a realizar lumaradas en espazos de titularidade pública no Concello de Sada. Para isto, será preciso que as persoas interesadas presenten unha comunicación por escrito a través do rexistro xeral antes do día 20 de xuño ás 14:00 horas. Así mesmo será de obrigado cumprimento a notificación daquelas cacharelas a realizar en casas/fincas particulares ou espazos privados do municipio.
A Xunta cambia unha parada de autobús perigosa en Carnoedo solicitada polo Concello. A concellería de Participación Cidadá trasladou ao área de Mobilidade da Xunta de Galicia unha demanda da veciñanza de Carnoedo que verán cumprida a súa solicitude a partir do martes 15 de febreiro.
O Concello de Sada está a realizar un estudo para coñecer os aforos de tráfico no centro urbano e adoptar as medidas oportunas de reordenación durante a execución dos traballos de canalización do Río Maior
O expediente de contratación mediante procedemento aberto simplificado do servizo de asistencia técnica para a redacción do plan especial de reforma interior, proxecto de reparcelación e proxecto de urbanización do ámbito do solo urbano non consolidado D3.6-Rúa Lagoa (onde se atopa a parcela do Centro de Saúde) xa saiu a licitación por importe de 45.628,64 €
O Concello de Sada inicia hoxe un proceso participativo para que os veciños e veciñas poidan expor as súas demandas e as súas achegas ao plan de mobilidade que se está a redactar. Este proceso, denominado Sada Móvete, contempla actividades como encontros territoriais e sectoriais, entrevistas con técnicos e a realización de enquisas. Os veciños poden participar a través da web participa.sada.gal