Este ano a Concellería de Deportes e os clubes de Sada ofertan 14 disciplinas deportivas para practicar durante o presente curso escolar. Atletismo, triatlón, xadrez, fútbol, fútbol sala, boxeo, halterofilia, patinaxe de velocidade, patinaxe artística, salvamento acuático, taekwondo, judo, baloncesto e vela lixeira.
A Concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado en colaboración coa Concellería de Educación e Deporte programan unha actividade de “Aventura e supervivencia” dirixida a todos aquelas persoas interesadas pola mesma para dotar as persoas dunha actividade fundamental para motivar, hixienizar e mellorar a vida, poñendo dita actividade ao seu alcance e facilitando o coñecemento da nosa natureza, xunto con técnicas de supervivencia e primeiros auxilios nun contexto lúdico e de aventura.
O Concelleiro de Saúde remitiu unha carta ao Conselleiro de Sanidade onde tamén lle comunica que “se están a dar pasos para poder facilitar a parcela aprobada no PXOM, para que fagan efectivo desde a Xunta a tan ansiado traslado do Centro de Saúde a unha zona céntrica e máis accesible para as nosas veciñas e veciños”.