Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal laboral así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de socorrista.
Na noite do 23 de xuño autorízase a realizar lumaradas en espazos de titularidade pública no Concello de Sada. Para isto, será preciso que as persoas interesadas presenten unha comunicación por escrito a través do rexistro xeral antes do día 20 de xuño ás 14:00 horas. Así mesmo será de obrigado cumprimento a notificación daquelas cacharelas a realizar en casas/fincas particulares ou espazos privados do municipio.
A veciñanza pode dar aviso directamente ao Servizo de Emerxencias (tlf. 607438457), operativo as 24h. e que garante a prestación do servizo dentro das primeiras 24h. de recepción do aviso, así como notificar ao Concello a través dos distintos medios habilitados a tal fin (portal de incidencias , correo electrónico, etc..). Ademais, coa entrada en vigor do Convenio coa Xunta de Galicia pódese informar tamén a través do 012, onde se lles facilitará un número de aviso e a posible data de retirada do niño.
Desde a empresa concesionaria da auga VIAQUA informan que por mor da reparación dunha avaría que EMALCSA ten que realizar na rede de abastecemento que fornece ao noso Concello, podería verse interrompido temporalmente a subministración de auga en horario previsto de 23:00 horas de hoxe xoves ás 06:00 horas de mañá venres.
O Concello de Sada decretou no día de onte tres días de loito oficial polas vítimas do accidente de tráfico ocorrido en Mota del Cuervo (Cuenca) que acabou coa vida de tres persoas, veciñas da parroquia de Meirás.
O Concello de Sada está a realizar un estudo para coñecer os aforos de tráfico no centro urbano e adoptar as medidas oportunas de reordenación durante a execución dos traballos de canalización do Río Maior