O Concello de Sada, a través das concellerías de Mocidade e de Promoción Económica e Turismo, programa numerosas actividades para as datas do Samaín en Sada
O Concello de Sada convoca as nenas e nenos do municipio a participar no concurso infantil “Debuxa a luz do Nadal” onde deberán presentar un debuxo co seu propio adorno de luz navideño. Os elementos gañadores, convertiranse en adornos en luz por unha empresa especializada e posteriormente se instalarán nas rúas do municipio nas vindeiras festas do Nadal
Entre os obxectivos do servizo está reducir os efectos de calquera déficit ou dificultade sobre o desenvolvemento do neno/a, optimizar o seu desenvolvemento, atender e cubrir as demandas da familia e da contorna no que vive o usuario ou usuaria, etc.
A concellaría de Deportes licita a instalación dun valado perimetral no que se axustaría formando parte do mesmo unha pista multideporte que constaría de dúas portarías de futbol-sala, dúas canastras de baloncesto e unha rede para voleibol así como rede de protección en fondos que permitiría a práctica os citados deportes.
O Concello de Sada convoca a II edición do Escaparates de Medo, un concurso dirixido ao sector comercial, co fin de incentivar a decoración e a animación das rúas de Sada convidando á veciñanza a achegarse ata os establecementos.
A Concellería de Participación Cidadá realiza actuacións nas parroquias enmarcadas nun proxecto de revitalización das parroquias para as que tamén programa actividades para o Magosto, ao igual que fixo no verán, colaborando coas asociacions veciñais
O Concello de Sada e o Consello Galego da Cultura organizan unhas xornadas para falar e reflexionar sobre a importancia do Museo Carlos Maside de arte contemporánea. As xornadas xirarán en torno á memoria histórica que atesoura o museo e sobre a visión que a comunidade sadense ten acerca da importancia desta entidade.
Celebrarase do venres 24 ao domingo 26 de setembro en Sada, Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Mugardos e Neda. Compañías nacionais compartirán protagonismo con outras procedentes de Portugal ou Alemaña
Dentro do programa “A volta coas TIC´S”, no Concello de Sada oferta novos cursos formativos gratuítos.
Este ano a Concellería de Deportes e os clubes de Sada ofertan 14 disciplinas deportivas para practicar durante o presente curso escolar. Atletismo, triatlón, xadrez, fútbol, fútbol sala, boxeo, halterofilia, patinaxe de velocidade, patinaxe artística, salvamento acuático, taekwondo, judo, baloncesto e vela lixeira.
O Concello de Sada, a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, fomenta o proxecto de colaboración RELEVO 2020, unha iniciativa de carácter formativo promovida por varios Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), entre eles o GALP GOLFO ÁRTABRO SUR do que o Concello de Sada forma parte.
O Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Sada retoma de novo a súa actividade