O proxecto de actividade formativa de confección e mantemento de artes e aparellos e obtención do certificado de profesionalidade do Concello de Sada foi elexido como unha das 10 iniciativas de maior valor do xestionadas polo Galp no período 2016-2020
O Concello de Sada está a realizar un estudo para coñecer os aforos de tráfico no centro urbano e adoptar as medidas oportunas de reordenación durante a execución dos traballos de canalización do Río Maior
A Concellería de Promoción económica, Turismo e Emprego pon en marcha unha campaña de Nadal co obxectivo de promocionar, dinamizar e poñer en valor o comercio local de Sada e a súa importancia para o tecido social da vila.
A Concellería de Cultura programa numerosos actos na época de Nadal para disfrute de toda a familia
A Xunta de Goberno Local aprobou onte mediante procedemento aberto simplificado a licitación das obras de rehabilitacion da cuberta da piscina municipal logo dos estudos e proxectos realizados ao longo deste ano.
O novo portal web realizarase merced a unha axuda ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo do Galp Golfo Ártabro Sur
O Concello de Sada conmemora o centenario de Carmen Arias de Castro, “Mimina”, a través dunha exposición sobre a súa vida e obra.
O 17 de decembro Sada celebrará a Carreira Nocturna Benéfica (Cruz Roja/Caritas Sada) organizada polo Club Atletismo Sada e o Concello de Sada
Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada nas materias de “Organización de actividades culturais de interese xeral”, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade. O Concello de Sada pretende así achegar unha axuda ás entidades culturais municipais sen ánimo de lucro para fomentar a actividade no eido da cultura e facilitar que o tecido asociativo acade os obxectivos de interese xeral que lles son propios. Deste xeito, o Concello exerce as súas competencias no fomento da participación activa da cidadanía, avanza na democratización do acceso da sociedade á cultura e facilita a creación e produción cultural a nivel local.
A Concellería de Cultura abre a participación na Cabalgata de Reis 2022 das nenas e nenos que queiran participar como figurantes acompañando ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente, no seu percorrido polas rúas sadenses.