O Concello de Sada expresa a súa satisfacción pola enorme demanda de solicitudes de visita ao Pazo de Meirás. Entidades memorialistas e vítimas e familiares de vítimas da ditadura serán as primeiras en visitar o BIC. O sábado, 3 de xullo, terá lugar unha visita institucional das corporacións municipais sadenses desde o 2007.
As visitas guiadas gratuitas, dunha hora e media de duración e 20 persoas como máximo, serán de martes a domingo previa reserva
O Concello de Sada, a través da Concellería de Medio Ambiente e Normalización Lingüística, habilitou unha estación de limpeza e automantemento de bicicletas, libre e de balde, na zona deportiva do Paseo Marítimo en resposta á demanda dos usuarios e usuarias do municipio.
O Concello de Sada, a través da Concellería de Benestar e Igualdade, está presente na campaña da Deputación “Liberdade de Ser e Sentir” que ao longo do mes de xuño conmemora o día do Orgullo LGTBQI+.
Dentro do plan de limpeza “Sada Limpa” realizarase unha enquisa de percepción que inclúe o sorteo dunha experiencia náutica sustentable entre as persoas participantes.