Xoves 2 de decembro ás 17:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Sada
O Concello de Sada convocou no pasado Samaín a II edición do Escaparates de Medo, un concurso dirixido ao sector comercial, co fin de incentivar a decoración e a animación das rúas de Sada convidando á veciñanza a achegarse ata os establecementos.
Monitor: Manuel Arzúa Piñeiro. Asociación Morcegos de Galicia.
O Concello Sada solicitará ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformacion Dixital que teña en conta as propostas que se achegen dende a administración local
Dentro da programación do FESTIVAL MAR DE MARES, Sada é sede da exposición artística SOMOS MAR II e prográmanse paralelamente varias actividades como unha conversa mariñeira, aberta ao público en xeral, que se celebrará o venres 29 de outubro ás 20:00 na cafetaría da Casa da Cultura Pintor Lloréns
As propostas, que van dirixidas a educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato, teñen o obxectivo de que os escolares da vila e de concellos da contorna podan achegarse ao Ben de Interese Cultural do Pazo de Meirás.
O Concello de Sada inicia hoxe un proceso participativo para que os veciños e veciñas poidan expor as súas demandas e as súas achegas ao plan de mobilidade que se está a redactar. Este proceso, denominado Sada Móvete, contempla actividades como encontros territoriais e sectoriais, entrevistas con técnicos e a realización de enquisas. Os veciños poden participar a través da web participa.sada.gal
O artista urbano Yoseba MP, autor das coñecidas superabuelas, elabora un mural na rúa Ponte de Sada a partir dunha foto de traballadoras sadenses de mediados do século XX
A artista Ana María Cabanes Fontao, que expón na Capela de San Roque dentro da exposición colectiva do Festival Mar do Mares, "Somos Mar" está a impartir o obradoiro co alumnado de 4º de primaria do CEIP Sada e Contornos.
O obradoiro dual de emprego "RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO VERDE” é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social, e promovido polos Concellos de Abegondo e conveniado cos concellos de Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada.
O Concello de Sada, a través das concellerías de Mocidade e de Promoción Económica e Turismo, programa numerosas actividades para as datas do Samaín en Sada
A Alcaldía do Concello de Sada aprobou as seguintes convocatorias de procesos selectivos, e resultando desertos no primeiro proceso selectivo os seguintes postos, convócase novamente a súa provisión mediante Decreto n.º 1730/2021. O prazo de presentación de instancias contarase a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOP da Coruña.