A data de inicio prevista da formación é o 19 de setembro de 2022 e posibilitará a contratación durante un ano de 26 persoas, 20 para as prazas de alumnado-traballador e 6 para as prazas de persoal directivo, docente e de apoio.
Sada tamén aprobou a exención de matrícula para a Escola Infantil Flora Ramos.
A Concellería de Cultura quere informar ás familias da necesidade de ler con atención a información xeral que se adxunta a continuación debido ás importantes novidades que se van a producir a partires do curso 2022-2023.
A concellería de Mocidade programa para o mes de xullo diversas actividades orientadas á xuventude có obxectivo que a veciñanza participe nas actividades saúdables de lecer tendentes a adquirir habilidades persoais e aprendizaxe de novas capacidades. Na súa oferta se inclúen cursos de DJ ou de produción musical, que xa teñen aberto o periodo de inscrición gratuita.
A Concellería de Normalización Lingüística e Medio Ambiente organiza o domingo 27 de marzo na Casa da Cultura "Pintor Lloréns" en horario de 12.00 a 13.00h un obradoiro de Arte e Xogo.
A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas aos desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2021-2022, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos.
O proxecto de actividade formativa de confección e mantemento de artes e aparellos e obtención do certificado de profesionalidade do Concello de Sada foi elexido como unha das 10 iniciativas de maior valor do xestionadas polo Galp no período 2016-2020
O Concello de Sada conmemora o centenario de Carmen Arias de Castro, “Mimina”, a través dunha exposición sobre a súa vida e obra.
As Concellarías de Promoción Económica, Turismo e Emprego e de Medio Ambiente e Normalización Lingüística, buscan o fomento da interrelación da comunidade escolar, o tecido comercial e a veciñanza de Sada, así como a promoción do galego nestas áreas, a través dun concurso de Postais de Nadal que premia con agasallos sorpresa provintes do comercio local ás postais escollidas para repartir entre a súa clientela.
Xoves 2 de decembro ás 17:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Sada