Esta convocatoria ten por obxecto promover a actividade teatral de carácter afeccionado e dar a coñecer entre a poboación sadense unha selección das creacións artísticas contemporáneas, no eido do teatro afeccionado. A proposta terá un formato de mostra ou festival, con varias datas nas que as compañías previamente seleccionadas representarán as súas obras. Na Mostra entregaranse os «Premios Lugrís Freire», en lembranza do escritor e dramaturgo sadense, un dos máximos expoñentes do teatro social galego, director da Escola Rexional de Declamación e homenaxeado coas Letras Galegas 2006. Será o público quen exprese a través das súas valoracións cales serán as compañías premiadas nesta edición.
Benestar e emerxencia social son as partidas que máis verán aumentada a súa contía ó longo de 2024. Para o equipo de goberno “queda claro con estes investimentos o forte compromiso que temos coa veciñanza que máis precisa dos recursos públicos”
A Concellería de Educación visibiliza as distintas xornadas de portas abertas dos CEIP de Sada
O mércores 21, xoves 22 e venres 23 de febreiro desprazarase a Sada o Equipo Móbil do DNIe, a fin de efectuar a expedición dos oportunos documentos estimándose un cupo de 50 solicitudes. O lugar de expedición será a Casa da Cultura Pintor Lloréns
A concellería de Cultura programa o martes 13 de febreiro o Desfile-concurso de Disfraces e Carrozas dentro da programación do Entroido 2024 de Sada e a tal fin abre a convocatoria do Concurso de disfraces
A concellería de Cultura publica as Bases polas que regularase a participación na cabalgata das nenas e nenos que queiran participar como figurantes acompañando ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente, no seu percorrido polas rúas sadenses.
O Concello de Sada convoca as subvencións municipais para organizar Festas Patronais Parroquiais para o ano 2023 (BOP 234 do 11.12.2023)
O 4 de xaneiro a Capela de San Roque acollerá unha sesion de cabinas selfies 3D con ambientación do Nadal na que poderan participar todas as personas que merquen no comercio local.
O Concello de Sada e COGAMI organizan o próximo 29 de novembro ás 18 horas na Capela de San Roque unha xornada de sensibilización na que se ofrecerá ás familias información sobre os beneficios da atención temperá.
Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada nas materias de “Organización de actividades culturais de interese xeral”, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.
Onte pola tarde celebrouse Pleno Extraordinario no que o executivo de Benito Portela fixo repaso da situación da seguridade cidadá no municipio, así como dos recursos existentes para o seu mantemento e os reforzos previstos para mellorar o servizo. O vindeiro luns 4 de decembro convocarase Xunta Local de Seguridade na que abordar coa Subdelegación do Goberno asuntos da súa competencia vinculados coa seguridade no noso municipio
O Concello de Sada reformará o inmoble para habilitar na planta baixa un aula infantil-ludoteca e un ximnasio e na planta alta unha sala destinada a aula musical e tamén espazos destinados ás asociacións e clubs deportivos do municipio, para organizar reuniones e atender aos seus asociados.