O Club Ciclista Sada e o Concello de Sada organizan o domingo 3 de decembro a MARCHA SOLIDARIA SOBRE RODAS que terá saída ás 11:30 horas dende a Praza Irmáns Suárez Picallo.
A Concellería de Benestar Socia e Igualdade e Emprego programa as actividades maiores 55 anos de envellecemento activo.
O Concello de Sada, a través da Concelleira de Benestar social e Igualdade e Emprego, programa un obradoiro de embarazo e postparto o venres 3 de novembro ás 12:00 horas no local da Cámra Agraria de Riobao.
O Concello de Sada organiza unha serie de actividades programadas para celebrar o Samaín en colaboración co comercio local.
O Concello de Sada e o Club de Atletismo Sada organizan a X Carreira da Auga UNICEF Sada na que toda a recaudación irá destinada ao Programa de Auga e Saneamento (WASH) de Unicef en Níxer
O goberno municipal presentará ao vindeiro pleno ordinario un modificativo de crédito no que se inclúe unha partida de 109.573 euros para o proxecto de pavimentado e peche de parcela así como o cableado de aulas do Centro Municipal de Formación Ocupacional de Osedo.
O goberno municipal, a través da concellería de Deportes, Educación e Xuventude, quere dar saída a histórica demanda da mocidade en Sada levando ao pleno o primeiro paso para a construcción dun skate park. “Queremos que a mocidade de Sada se sinta escoitada” sinala a concelleira de Deportes, Rebeca Mouriño, quen adianta que para a redacción do proxecto teranse en conta e reuniranse cos usuarios potenciais, “posto que quen mellor que eles para coñecer as súas demandas para unha pista que levan anos reclamando”
Cun “Willkommen Sada” saludou esta mañá o alcalde de Sada, Benito Portela, acompañado da concelleira de Educación, Rebeca Mouriño, ás 20 nenas e nenos do instituto alemán Eichenschule da cidade de Schiessel, localidade situada entre Hamburgo e Bremen.
O goberno municipal inclúe no modificativo de crédito que presentará ao pleno de setembro unha actuación valorada en 188.000 euros para arranxar o viario de Sada e Contornos e aumentar a seguridade peonil na AC-162 desde o límite con Bergondo ate o final da avenida Sada e Contornos. O concelleiro de Obras e Servizos tamén solicitou da Xunta de Galicia medidas a adoptar no paso de peóns existente no km. 2 da estrada AC-183 na entrada ao CEIP Pedro Barrié de la Maza en Mondego
O interventor municipal destaca a solvencia financieira demostrada do Concello de Sada no informe da Liquidación do 2022. O goberno municipal elevará ao Pleno Ordinario do xoves 28 de setembro un modificativo de crédito para novas inversións e pagos a proveedores.
Proceso selectivo provisión en propiedade polo sistema de concurso de unha (1) praza de administrativo (de comunicación), pertencente á escala de administración xeral, grupo C, subgrupo C1 DA6ª da Lei 20/2021, do 28 decembro. OEPE 10-2022 Estabilización
Os traballos que ascenden á cantidade de 175.000 euros forman parte do POS+2022