O Pleno da Corporación aprobou no día de onte cos votos a favor de Sadamaioría, Partido Popular, PSOE,BNG, e Alternativa dos Veciños Sada establecer a alternativa proposta por Augas de Galicia como a opción conforme á cal se redactará o proxecto construtivo que teña por finalidade a minoración do risco de inundación e que incluirá a renaturalización e recuperación da canle fluvial do rio Maior e á eliminación, no seu tramo final, da cobertura actual do río deixando o mesmo a ceo aberto.
O alcalde de Sada solicita formalmente unha entrevista co presidente da Xunta de Galicia para poder tratar e concretar, á maior brevidade posible, os acordos precisos para trasladar o centro de saúde á parcela dotacional recollida no Plan Xeral de Ordenación Municipal.
O Concello de Sada ten en evaluación os procedementos da reparación da cuberta da piscina municipal, a adquisición dun camión para saneamento, a primeira fase do módulo deportivo de Mondego ou a redacción do PERI da Lagoa que servirá para ofrecer a parcela para o traslado do Centro de Saúde ao centro urbano.
O Concello de Sada está a realizar un estudo para coñecer os aforos de tráfico no centro urbano e adoptar as medidas oportunas de reordenación durante a execución dos traballos de canalización do Río Maior
O proxecto potencia o seu uso municipal, para os veciños de Sada, de cara a promover a práctica deportiva, así como a utilización da instalación para o deporte escolar, formación en educación física e psicomotricidade. O Concello de Sada, destaca a importancia desta inversión xa que “é unha necesidade investir no deporte base, escolar e adaptado. Estes colectivos están a sufrir un gran impacto como consecuencia do COVID” e sinala que “precisamos ampliar a dotación de instalación deportivas cubertas e acometer a remodelación das existentes”.
O expediente de contratación mediante procedemento aberto simplificado do servizo de asistencia técnica para a redacción do plan especial de reforma interior, proxecto de reparcelación e proxecto de urbanización do ámbito do solo urbano non consolidado D3.6-Rúa Lagoa (onde se atopa a parcela do Centro de Saúde) xa saiu a licitación por importe de 45.628,64 €
O Concello de Sada inicia hoxe un proceso participativo para que os veciños e veciñas poidan expor as súas demandas e as súas achegas ao plan de mobilidade que se está a redactar. Este proceso, denominado Sada Móvete, contempla actividades como encontros territoriais e sectoriais, entrevistas con técnicos e a realización de enquisas. Os veciños poden participar a través da web participa.sada.gal
Sada foi o municipio de Galicia que contou co saldo migratorio interno (habitantes que chegan doutros concellos de Galicia fronte aos que se van) máis alto en 2019 con 188 persoas máis e o sexto en 2020 con 171 máis.
A concellaría de Obras e Servizos realizou unha actuación na zona da Praia das Delicias despexando de arbustos en mal estado do espazo anexo ao areal para convertelo nun miradoiro da ría acondicionado con céspede artificial e bancos de pedra.
O Alcalde e o Concelleiro de Obras e Servizos do Concello de Sada tiveron a primeira xuntanza de traballo con representantes de Augas de Galicia e da empresa Novotec Consultores S.A., adxudicataria da redacción do proxecto construtivo de mellora do funcionamento hidráulico do río Maior.
Dentro do plan de limpeza “Sada Limpa” realizarase unha enquisa de percepción que inclúe o sorteo dunha experiencia náutica sustentable entre as persoas participantes.