O departamento de Obras e Servizos ven de instalar nestes días dúas novas marquesiñas en Fontán e Meirás e traballan para a instalación de elementos semellantes noutros puntos do concello dada a demanda por parte da cidadanía e a necesidade de que os usuarios do transporte público conten cunha infraestrutura adaptada ás súas necesidades
O executivo de Benito Portela tamén proporá á corporación a aprobación dun Plan Antifraude e a instalación en dependencias municipais dun punto de actualización da información do DNI.
“Este goberno local ten un compromiso firme coa posta en valor do histórico barrio de Fontán. Con estas obras redobramos esforzos para mellorar os servizos públicos e urbanizar a principal vía que atravesa o barrio” explicou o concelleiro de Obras e Servizos e Medio Ambiente, Fernando Fariña
Proceso selectivo Peón Forestal dentro do programa de emprego denominado: APROL Rural Fomento do emprego no medio rural: “Xestión de biomasa en faixas de protección para prevención de incendios forestais”
Sada ten aberto o proceso de licitación para a contratación do servizo de Prevención, Vixilancia, Salvamento, Socorrismo e primeiros auxilios nas praias de Sada. O Concello optou este ano por externalizar este servizo ante as dificultades que se dan dende hai anos para cubrir por completo as necesidades do mesmo.
“Estamos a falar dunha das vías centrais das nosa vila, polo que a súa mellora non só redundará na veciñanza da zona, senón do conxunto de sadenses que necesitan empregala xa sexa en vehículo ou a pé”, remarcou o alcalde, Benito Portela. Estas obras terán un prazo de execución de 5 meses
O sábado 1 de xuño ás 11:30h. na Biblioteca infantil terá lugar un Cantacontos con Jojó, "el Hada de los cuentos"
O venres día 31 de maio ás 17:00 horas na Biblioteca terá lugar o Cantacontos teatral: Cueiros de cores dentro da actividade Ler Conta Moito que organiza a Biblioteca Municipal.
O Concello de Sada programa para este sábado 11 de maio concertos en distintas localizacións, dende a praia ata o porto. O escenario principal estará na Praza Suárez Picallo. “Con este evento abrimos a porta a uns meses nos que Sada vibra con distintas propostas culturais, musicais e festivas pensadas tanto para a nosa veciñanza como para visitantes” remarcou o alcalde, Benito Portela
A Deputación da Coruña, dentro da súa programación deportiva para o ano 2024, pon en marcha un ano máis os campamentos deportivos deste verán.
O obxectivo do Concello é que a piscina poida estar aberta ó público a comezos de verán e ata mediados de setembro. O Concello xa comezou os primeiros traballos de limpeza da contorna para preparar a infraestrutura para a súa apertura
Sada acollerá do 17 ao 19 de maio a segunda edición do campionato “BALONMÁN NA RÚA 5X5". A rapazada interesada pode inscribir xa o seu equipo