A Concellaría de Educación, Xuventude, Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Sada, leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre. É consciente esta concellaría da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos/as poidan participar neste tipo de actividades, e polo que este ano, igual que en anos anteriores, convócase a oferta das Escolas de Verán 2023. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.
O Concello de Sada e a comunidade parroquial de Sada organizan as alfombras florais do Corpus Christi do 11 de xuño do 2023, coa colaboración e elaboración por parte da comunidade parroquial e veciños.
O programa de animación á lectura con cans, para nenas e nenos de 6 a 11 anos, volve á Biblioteca Municipal o sábado 27 de maio en dous turnos: de 10.30 á 11:30 horas e de 11:30 a 12:30 horas
A Concellería de Cultura programa un obradoiro de vestiarios y complementos modernistas para a veciñanza de Sada
Mediante resolución da Presidencia número 14319, do 5 de abril de 2023, que foi publicada no BOP do 11 de abril de 2023, concedéronse de forma provisional as subvencións da convocatoria FO207: Programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais, durante o ano 2023
Proposta do Concelleiro de Cultura, Comercio e Turismo, de data 02.05.2023, na que solicita a aprobación dunha ampliación temporal dos horarios xerais de peche para os establecementos de hostalaría e lecer do termo municipal, con motivo da celebración do Festival 8chéntame Sada, para potenciar o posible efecto positivo que a congregación de público pode ter sobre a actividade económica no ámbito local.
A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) prevé reunir máis dun cento de embarcacións e case un milleiro de tripulantes na vila coruñesa, onde ofrecerá un variado programa cultural
A concellaría de Educación, xestionada por Sergio García celebrará o vindeiro sábado 22 de abril o Día do Libro 20123 con actividades de lecer adicadas á literatura.
O Concello de Sada habilita un sistema de pasarela de pagos para as entradas no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns ampliable a outros espazos onde se teña que cobrar por acceder.
Pezas de barcos, ferramentas para construílos ou maquetas reúnense na mostra, que é antesala do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se desenvolverá do 3 ao 6 de agosto na vila 20 de marzo de 2023.
Recollerán alimentos non perecedeiros o sábado 4 de marzo en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
A Concellería de Cultura, Turismo e Comercio, organiza o Entroido 2023 con actividades para todas as idades. Desde a festa Infantil ate a XXXVII edición da Festa da Filloa, pasando por pasarrúas,, cine infantil e un gran desfile de entroido coa participación estelar dos Caretos de Podence de Portugal (manifestación do Entroido declarada Patrimonio Cultural da Humanidade) e cunha representación do "Carnaval de Tenerife", a cargo da comparsa «Los Joroperos», a máis premiada na historia do "carnaval canario".