Na noite do 23 ao 24 de xuño autorízase a realizar lumaradas en espazos de titularidade pública no Concello de Sada. Para isto, será preciso que as persoas interesadas presenten unha comunicación por escrito a través do rexistro xeral a partir do luns 10 e antes do día 21 de xuño ás 14:00 horas. Así mesmo será de obrigado cumprimento a notificación daquelas cacharelas a realizar en casas/fincas particulares ou espazos privados do municipio.
O Concello de Sada abre a convocatoria do proceso selectivo polo sistema de concurso-posición de traballadores dentro do programa de integración laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais da Deputación da Coruña (PEL Concellos 2024)
A Concellaría de Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Sada, convoca a oferta das Escolas de Verán 2024. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.
A Biblioteca Municipal organiza, o venres 7 de xuño ás 17:30h. e dentro da actividade Ler Conta Moito, o obradoiro creativo "Coas mans na masa"
O executivo de Benito Portela tamén proporá á corporación a aprobación dun Plan Antifraude e a instalación en dependencias municipais dun punto de actualización da información do DNI.
“Este goberno local ten un compromiso firme coa posta en valor do histórico barrio de Fontán. Con estas obras redobramos esforzos para mellorar os servizos públicos e urbanizar a principal vía que atravesa o barrio” explicou o concelleiro de Obras e Servizos e Medio Ambiente, Fernando Fariña
Proceso selectivo Peón Forestal dentro do programa de emprego denominado: APROL Rural Fomento do emprego no medio rural: “Xestión de biomasa en faixas de protección para prevención de incendios forestais”
Sada ten aberto o proceso de licitación para a contratación do servizo de Prevención, Vixilancia, Salvamento, Socorrismo e primeiros auxilios nas praias de Sada. O Concello optou este ano por externalizar este servizo ante as dificultades que se dan dende hai anos para cubrir por completo as necesidades do mesmo.
“Estamos a falar dunha das vías centrais das nosa vila, polo que a súa mellora non só redundará na veciñanza da zona, senón do conxunto de sadenses que necesitan empregala xa sexa en vehículo ou a pé”, remarcou o alcalde, Benito Portela. Estas obras terán un prazo de execución de 5 meses
O sábado 1 de xuño ás 11:30h. na Biblioteca infantil terá lugar un Cantacontos con Jojó, "el Hada de los cuentos"
O venres día 31 de maio ás 17:00 horas na Biblioteca terá lugar o Cantacontos teatral: Cueiros de cores dentro da actividade Ler Conta Moito que organiza a Biblioteca Municipal.
O Concello de Sada programa para este sábado 11 de maio concertos en distintas localizacións, dende a praia ata o porto. O escenario principal estará na Praza Suárez Picallo. “Con este evento abrimos a porta a uns meses nos que Sada vibra con distintas propostas culturais, musicais e festivas pensadas tanto para a nosa veciñanza como para visitantes” remarcou o alcalde, Benito Portela