Trátase dun programa pionero no Concello de Sada que aborda as necesidades da mocidade tratando as problemáticas relacionadas con habilidades sociais e emocionais das que eles mesmos ás veces non son conscientes.
Proceso selectivo provisión en propiedade polo sistema de concurso de unha (1) praza de Técnico en Animación Sociocultural, pertencente á escala de administración especial, subescala técnica, grupo B. OEPE 17-2022 Estabilización.
Presentará tamén un proxecto para o castelo de Fontán a esta liña de axudas para actuacións de "embelecemento do litoral"
O Goberno Local está a reformar o inmoble para habilitar na planta baixa un aula infantil-ludoteca e un ximnasio e na planta alta unha sala destinada a aula musical e tamén espazos destinados ás asociacións e clubs deportivos do municipio, para organizar reunións e atender aos seus asociados.
Explicación paso a paso do pago das actividades nas parroquias curso 2024-2025
A Concellería de Benestar social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada presenta a programación das distintas actividades que se van a levar a cabo para a conmemoración do "8M Día Internacional da Muller".
O BOP nº39 de data 23 de febreiro de 2024 anuncia a aprobación da concesión das subvencións do Programa MA100: SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS NO 2024 na que se inclúe a concedida ao Concello de Sada por un importe de 24,021,92 euros.
CONCESIÓN DEFINITIVA DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA FO106: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E OUTRAS ENTIDADES LOCAIS PARA O MANTEMENTO OU CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO NOS SERVIZOS MUNICIPAIS DE DEPORTE EN 2024.
O orzamento contempla subidas notables en servizos públicos básicos (+37%) ou protección social (20%). “Sada precisa destes orzamentos. Dende o goberno local facemos un chamamento á responsabilidade da corporación para que respalde unhas contas equilibradas, sociais e que apostan pola mellora dos espazos públicos” remarcou o alcalde, Benito Portela.
Esta convocatoria ten por obxecto promover a actividade teatral de carácter afeccionado e dar a coñecer entre a poboación sadense unha selección das creacións artísticas contemporáneas, no eido do teatro afeccionado. A proposta terá un formato de mostra ou festival, con varias datas nas que as compañías previamente seleccionadas representarán as súas obras. Na Mostra entregaranse os «Premios Lugrís Freire», en lembranza do escritor e dramaturgo sadense, un dos máximos expoñentes do teatro social galego, director da Escola Rexional de Declamación e homenaxeado coas Letras Galegas 2006. Será o público quen exprese a través das súas valoracións cales serán as compañías premiadas nesta edición.
Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal funcionario da escala de administración xeral, subescala administrativa
Benestar e emerxencia social son as partidas que máis verán aumentada a súa contía ó longo de 2024. Para o equipo de goberno “queda claro con estes investimentos o forte compromiso que temos coa veciñanza que máis precisa dos recursos públicos”