O Concello de Sada, a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, fomenta o proxecto de colaboración RELEVO 2020, unha iniciativa de carácter formativo promovida por varios Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), entre eles o GALP GOLFO ÁRTABRO SUR do que o Concello de Sada forma parte.
O Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Sada retoma de novo a súa actividade
Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal laboral ou persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal director/a da Casa da Cultura – Técnico/a de Cultura
Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal técnico de xestión de administración electrónica e novas tecnoloxías da información
A Alcaldía do Concello de Sada aprobou as seguintes convocatorias de procesos selectivos: Bolsa de emprego para postos de peón de brigadas de prevención e extinción de incendios forestais ou postos relacionados e Bolsa de emprego para postos de peón-condutor de brigadas de prevención e extinción de incendios forestais ou postos relacionados. As bases das convocatorias estarán expostas ao público e a disposición das persoas interesadas nas oficinas municipais, Avda. da Mariña, 25, Tfno. 981 620 075, no taboleiro da sede electrónica municipal https://sede.sada.gal e nesta web municipal. O prazo de presentación de instancias, 3 días hábiles, contarase a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio no BOP da Coruña.
Proceso selectivo para a contratación laboral temporal, baixo a modalidade de contrato de duración determinada na modalidade de obra ou servizo de interese social a tempo completo, mediante o sistema de oposición en quenda restrinxida de catro (4) postos de socorrista.