Concello de Sada convoca a adxudicación de postos do Marcado Mariñeiro dentro dunha nova edición das tradicionais Festas do Carme. A comunidade sadense ten un pasado totalmente ligado ao mar e á pesca. É por iso que as Festas do Carme son, sen dúbida, unha das datas máis destacadas do calendario de festexos que emanan da cultura popular.
A adquisición destas cámaras farase con cargo ó remanente de tesoureiría. A Concellería de Seguridade Cidadá tamén mellorará os medios materias para os servizos de emerxencias coa adquisición dun novo furgón motobomba
Estes investimentos en infraestruturas educativas súmanse ós 135.000€ xa anunciados coa aprobación dos orzamentos. Tamén serán arranxadas outras instalacións municipais como a Capela de San Roque ou a Casa da Cultura
O executivo de Sada reserva ademáis unha partida de 243.000€ para a construción do módulo deportivo de Mondego á espera de que a Xunta de Galicia clarifique a súa achega para esta infraestrutura logo do aumento dos custes.
As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición por quenda libre, dunha (1) praza de conserxe, persoal laboral, pertencente ao Grupo V, reservada a persoas con discapacidade, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2021 (BOP núm. 246, do 28-12-2021)
A convocatoria ten por obxecto a creación dunha nova bolsa de emprego temporal para persoal funcionario interino da Escala de Administración Xeral Subescala Auxiliar (grupo C/subgrupo C2) e sbstituirá, cando se aprobe, á aprobada para o tipo de posto polo Resolución de Alcaldía núm.1608/2020, do 3 de agosto
Sada programa a tradicional festa de San Xoan con música, a súa famosa sardiñada e fogos de artificio para a noite máis curta. A partir das 19:00 do 23 de xuño na área do Curruncho poderanse degustar ate un total de 1.000 kg. de sardiñas, repartidas en racións de media ducia de sardiñas, taza conmemorativa, pan de broa e bebida a escoller entre botella de viño, auga ou refresco, todo por un prezo de 7€. Para animar esta celebración os grupos de música tradicional do municipio estarán tocando e bailando na zona da Praia das Delicias durante toda a xornada. Ás 00:00 realizarase o acendido das lumeiradas acompañado dunha sesión de fogos de artificio para posteriormente dar paso á sesión Dj que rematará de madrugada.
BASES QUE REXEN O PROCESO DE ADMISIÓN E MATRICULACION NA ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE SADA CURSO 2024-2025
O Concello oferta un amplo abano de actividades que van dende clases de paddle surf ata un torneo de freestyle
A Concellaría de Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Sada, programa SADA MÓVESE 2024, diversas actividades de lecer para a cidadanía que terán lugar no mes de xullo
ORDE do 31 de maio de 2024 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía. O Concello de Sada convoca 1 praza de provisión por mobilidade PR461D e dúas prazas de acceso por oposición libre PR461B.
Bolsa de emprego 13 e 14-22 ampliación da bolsa de peóns e peón-condutor Brigada de incendios forestal