Sada acollerá o vindeiro domingo 23 de febreiro a estrea de ‘As aventuras de Nabiza Girl. O estraño caso da Cultura Minguante’. Isabel Risco escribe o texto xunto ao guionista Carlos Ares e Fran Rei, director da obra, e comparte escena co intérprete Alberte Bello
Para celebrar o Entroido en Sada A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística propón organizar un concurso de disfraces o martes 4 de marzo.
Por acordo adoptado polo Pleno Corporativo do 24 de xullo de 2024 a Deputación da Coruña aprobou a modificación da súa Ordenanza xeral de subvencións e transferencias, cuxo texto definitivo se publicou no BOP número 185, do 25 de setembro de 2024. Así mesmo, por Resolución de Presidencia do 10 de outubro de 2024 aprobáronse as Bases reguladoras do Programa FO206: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2025.
O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixidas a entidades organizadoras das festas patronais parroquiais coa finalidade de contribuír a que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación activa da cidadanía na celebración e conservación das festas parroquiais de maior tradición e arraigo, que forman parte da nosa identidade e memoria colectivas. Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada para a “Organización de festas patronais parroquiais”, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.
O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixida a entidades culturais municipais sen ánimo de lucro coa finalidade de colaborar a manter a actividade das asociacións culturais, de fomentar a actividade no eido da cultura no termo municipal e de facilitar que o tecido asociativo acade os obxectivos que lles son propios. Deste xeito, o Concello exerce as súas competencias no fomento da participación da cidadanía na vida cultural, facilita a creación artística e a produción cultural a nivel local e avanza na realización do dereito da cidadanía á cultura. Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada nas materias de “Organización de actividades culturais, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.
Con estas bases regularase a participación na cabalgata das nenas e nenos que queiran participar como figurantes acompañando ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente, no seu percorrido polas rúas sadenses.
Sada sitúase entre os Concellos que máis poboación gañaron na última década segundo os datos publicados este venres polo INE. O goberno local manifesta a súa satisfacción ante estas cifras, que son un reflexo do bo traballo realizado nos últimos anos
A concellería de Cultura programa as FESTAS DO NADAL 24-25 con actividades para toda a familia.
A Concellería de Cultura xunto coa de Promoción Económica programan o acendido das luces de Nadal para a tarde do xoves 5 de decembro.
O Concello de Sada xa ten tema para vestir o próximo calendario municipal de 2025: "Sada e as súas praias", dando así protagonismo ás diferentes praias e calas que atesoura o municipio. Así, o Consistorio volve dar á cidadanía a oportunidade de crear de forma participativa o almanaque anual e convida a que envíen as súas fotografías para seleccionar as 13 (12 meses máis a portada) que conformarán o CALENDARIO SADA 2025. As persoas autoras das fotografías seleccionadas recibirán un suadoiro edición especial de Cero de Costa co nome estampado das praias do Concello de Sada.
O venres día 25 de outubro ás 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura terá lugar o Cantacontos Kairos para nenos e nenas con idades de 0 a 6 anos. Espectáculo da Rede Cultural da Deputación