O Concello de Sada convoca selección de persoal con caracter interino para postos de persoal laboral ou persoal funcionario de conserxe/ordenanza:
Campamento Dixital é un programa de actividades extraescolares gratuítas para nenos, nenas e adolescentes de 9 a 11 anos en competencias dixitais. Son sesións de formación gratuíta máis actividades complementarias online guiadas, durante as vacacións de Semana Santa.
Dentro das actividades do 8M o Centro de Servizos Sociais inicia o Taller de auto-coidado e benestar emocional. Mediante este taller preténdese potenciar o benestar emocional das mulleres mediante a promoción de características positivas e o desenvolvemento das fortalezas persoais, que posibiliten o cambio e florecemento persoal, de maneira que consigan vivir de maneira máis plena e feliz.
As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para o acceso, polo sistema de concurso-oposición pola quenda de promoción interna a unha (1) praza de persoal funcionario denominada: Inspector-Xefe, pertencente á escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local (escala executiva, categoría inspector), grupo A, subgrupo A2, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024.
As concellerías de Emprego e de Educación, Deportes e Xuventude programan un CURSO DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS NO CONCELLO DE SADA. impartido pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA).
Concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para colaborar nos gastos derivados das actividades das asociacións de nais e pais de alumnado dos centros de educación primaria e institutos de educación secundaria mantidos con fondos públicos do municipio durante o exercicio 2024. A finalidade desta subvención é potenciar actividades formativas e outro tipo de actividades de crecemento e desenvolvemento persoal baseado en valores, como complemento da educación, favorecendo a participación das familias na vida escolar. Entre os obxectivos específicos están impulsar as actividades de conciliación familiar e de encontro entre o alumnado e as familias así como favorecer a inclusión e igualdade de oportunidades entre o alumnado.
A presente convocatoria ten por obxecto o regulamento de concesión directa de axudas individualizadas para colaborar nos gastos correntes dos desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2024- 2025, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos. Dende a Concellería de Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Sada preténdese incentivar a continuación de estudos non obrigatorios daquelas persoas que por circunstancias xeográficas, deben desplazarse ao non ter oferta formativa suficiente no termo municipal de Sada. Por outra banda, estas axudas posibilitan que aqueles estudantes, independentemente da súa situación económica, teñan acceso a unha educación de calidade, especialmente no caso que nos ocupa de ensinanzas non obrigatorias, onde os custes asociados son máis elevados. Estas axudas individualizadas non compensan na totalidade os gastos derivados do transporte, pero si incentivan ao alumnado para poder axudar ao esforzo económico que realizan as familias durante o curso escolar.
O Concello de Sada xa ten tema para vestir o próximo calendario municipal de 2025: "Sada e as súas praias", dando así protagonismo ás diferentes praias e calas que atesoura o municipio. Así, o Consistorio volve dar á cidadanía a oportunidade de crear de forma participativa o almanaque anual e convida a que envíen as súas fotografías para seleccionar as 13 (12 meses máis a portada) que conformarán o CALENDARIO SADA 2025. As persoas autoras das fotografías seleccionadas recibirán un suadoiro edición especial de Cero de Costa co nome estampado das praias do Concello de Sada.