O Concello de Sada, a través da concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, programa actividades de dinamización para público infantil e familiar nas parroquias do municipio no mes de agosto
O Concello de Sada, a través da Concellería de Cultura, programa para a fin de semana do 31 de xullo e 1 de agosto a X FEIRA MODERNISTA DE SADA, marcada pola pandemia do COVID19 e organizada para cumprir con todas as medidas de seguridade vixentes.
Dentro das actividades do SADA MÓVESE a concellería de Mocidade programa a Semana da Cultura urbana con propostas como graffiti, parkour, breakdance, rap, skate park
As concellerías de Medio Ambiente e de Mocidade organizan dentro da programación de verán SADA MÓVESE 2021 os obradoiros medioambientais “Reutiliza”.
Seguindo co noso proxecto de horto urbano na Tenencia, propoñémosvos para o mes de xullo un obradoiro gratuito de Maceto Hortos ecolóxicos que está dirixido a nenos/as maiores de 8 anos, mocidade e adultos en xeral.