A concellería de Benestar programa distintos eventos para a celebración do 8M, Día Internacional da Muller
A Concellería de Benestar social e Igualdade e Emprego convoca o concurso de cartaces para o 8M que ten por obxectivo principal o fomento da creatividade e da igualdade da comunidade escolar con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, 8M.
Sada acollerá o vindeiro domingo 23 de febreiro a estrea de ‘As aventuras de Nabiza Girl. O estraño caso da Cultura Minguante’. Isabel Risco escribe o texto xunto ao guionista Carlos Ares e Fran Rei, director da obra, e comparte escena co intérprete Alberte Bello
Para celebrar o Entroido en Sada A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística propón organizar un concurso de disfraces o martes 4 de marzo.
O obxecto destas bases é o de regular a participación na Campaña de promoción e fidelización do consumo no Comercio Local no «Día San Valentín en Sada», que comezará o luns, 10 e rematará o venres 14 de febreiro de 2025, día de San Valentín.
Con estas bases regularase a participación na cabalgata das nenas e nenos que queiran participar como figurantes acompañando ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente, no seu percorrido polas rúas sadenses.
O pasado 24 de decembro celebrouse o sorteo dos 1.000€ da Campaña de Nadal que promove a Concellería de Promoción Económica para potenciar o comercio local , resultando gañador dos 1.000 euros o ticket co número 609. O sorteo tamén indicou que os números reserva son: Primer reserva: 915, Segundo reserva: 412, Tercer reserva: 1.824
A concellería de Cultura programa as FESTAS DO NADAL 24-25 con actividades para toda a familia.
A Concellería de Cultura xunto coa de Promoción Económica programan o acendido das luces de Nadal para a tarde do xoves 5 de decembro.
O Concello de Sada xa ten tema para vestir o próximo calendario municipal de 2025: "Sada e as súas praias", dando así protagonismo ás diferentes praias e calas que atesoura o municipio. Así, o Consistorio volve dar á cidadanía a oportunidade de crear de forma participativa o almanaque anual e convida a que envíen as súas fotografías para seleccionar as 13 (12 meses máis a portada) que conformarán o CALENDARIO SADA 2025. As persoas autoras das fotografías seleccionadas recibirán un suadoiro edición especial de Cero de Costa co nome estampado das praias do Concello de Sada.
Pedro Blanco comprometeuse a trasladar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica as demandas do Concello quen ultima os trámites administrativos para poder avanzar na execución desta obra imprescindible para o noso municipio