O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixida a entidades culturais municipais sen ánimo de lucro coa finalidade de colaborar a manter a actividade das asociacións culturais, de fomentar a actividade no eido da cultura no termo municipal e de facilitar que o tecido asociativo acade os obxectivos que lles son propios. Deste xeito, o Concello exerce as súas competencias no fomento da participación da cidadanía na vida cultural, facilita a creación artística e a produción cultural a nivel local e avanza na realización do dereito da cidadanía á cultura. Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada nas materias de “Organización de actividades culturais, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.
O Concello de Sada xa ten tema para vestir o próximo calendario municipal de 2025: "Sada e as súas praias", dando así protagonismo ás diferentes praias e calas que atesoura o municipio. Así, o Consistorio volve dar á cidadanía a oportunidade de crear de forma participativa o almanaque anual e convida a que envíen as súas fotografías para seleccionar as 13 (12 meses máis a portada) que conformarán o CALENDARIO SADA 2025. As persoas autoras das fotografías seleccionadas recibirán un suadoiro edición especial de Cero de Costa co nome estampado das praias do Concello de Sada.
O venres día 25 de outubro ás 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura terá lugar o Cantacontos Kairos para nenos e nenas con idades de 0 a 6 anos. Espectáculo da Rede Cultural da Deputación
A Escola Municipal de Teatro, dependente da Concellería de Cultura do Concello de Sada, oferta para o curso 2024-2025 unha proposta no eido das artes escénicas, desenvolvéndose fóra do horario lectivo en equipamentos municipais. Os seus obxectivos céntranse, por unha parte, na creación dunha oferta socieducativa que permita o fomento de novas capacidades e por outra, como obxectivo pedagóxico desenvolver as capacidades creativas, comunicativas e expresivas do alumnado a través do xogo, a improvisación teatral e o intercambio de roles.
BASES QUE REXEN O PROCESO DE ADMISIÓN E MATRICULACION NA ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE SADA CURSO 2024-2025
A Concellería de Cultura anuncia o programa das Festas de Agosto do verán 2024 en Sada
O obxecto destas bases reguladoras é o de establecer as condicións de participación na Feira Sada Comercio, que se organiza para promover o comercio local e o consumo de proximidade no Concello de Sada. As bases regularán o procedemento de inscrición e de solicitude de autorización para ocupar un posto de venta nesta edición da feira.
Terá lugar nesta última fin de semana de xullo, con actividades o venres 26, sábado 27 e domingo 28. Dende o goberno local animamos á veciñanza, comerciantes e visitantes a vestirse coas súas mellores galas modernistas para celebrar esta festa
Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento, criterios de valoración e condicións para o outorgamento de autorizacións para ocupar en espazo público os postos para exercer a venta ambulante dentro do mercado da XIII Feira Modernista de Sada.
Procedemento de matrícula do servizo de comedores escolares no CEIP Sada y Contornos xestionados polo Concello de Sada, para o curso escolar 2024-2025. En función das situacións sobrevidas que puideran xerarse, o servizo poderá sufrir cambios no desenvolvemento do mesmo.
Concello de Sada convoca a adxudicación de postos do Marcado Mariñeiro dentro dunha nova edición das tradicionais Festas do Carme. A comunidade sadense ten un pasado totalmente ligado ao mar e á pesca. É por iso que as Festas do Carme son, sen dúbida, unha das datas máis destacadas do calendario de festexos que emanan da cultura popular.