-Os dous obradoiros desenvolveranse na Casa da Cultura Pintor Lloréns no mes de xuño.
- Impartidos por Ugacota e gratuitos, están destinados a persoas interesadas tanto desempregadas como aquelas que queiran traballar de forma cooperativa.
- OBRADOIRO POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO?
- OBRADOIRO DE FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER
Sada, 3 junio
A Concellería de Urbanismo e Emprego, a través da AEDL, convoca dous obradoiros gratuítos, impartidos por Ugacota, destinados a persoas interesadas tanto desempregadas como aquelas que queiran traballar de forma cooperativa.
A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA, é a entidade que representa ao cooperativismo de traballo asociado, en Galicia. É unha asociación sen ánimo de lucro de ámbito galego e plurisectorial. Asocia a máis de 110 cooperativas de traballo, con distintas actividades empresariais e ten como misión fomentar o cooperativismo de traballo asociado como unha forma de facer empresas socialmente responsables, onde os principios de democracia, igualdade, autoxestión e solidariedade constitúen a base do seu funcionamento, contribuíndo á creación de emprego de calidade, a cohesión social e o desenvolvemento sostible.
OBRADOIRO POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO
Este obradoiro comenzará o 14 de xuño e terá una duración de catro días. Impartirase de 09:30 a 14:30 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns.
Dentro dos seús obxetivos está o desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo, coñecer recursos e metodoloxías que axuden a traballar e mellorar as habilidades sociais ou descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.
Experiencial e activo o obradoiro é participativo coa utilización de medios audiovisuais e actividades prácticas de acción, reflexión e debate e será impartido por persoal técnico con contrastada experiencia en asesoramento cooperativo e docencia. O obradoiro está dirixido a persoas interesadas en desenvolver habilidades para o traballo en equipo. O grupo mínimo e de 12 persoas e as inscripcións pódense facer aqui
OBRADOIRO DE FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER
Comenzará o 20 de xuño e tamén impartirase na Casa da Cultura Pintor Lloréns. Márcase coma obxetivos achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo e por outra banda dar a coñecer o modelo cooperativo, as súas características e as súas achegas sociais e económicas.
Os alumnos deste obradoiro coñecerán unha experiencia real dunha cooperativa en funcionamento dentro do programa de ensino que ademáis inclúe contidos como os tipos e aspectos das cooperativas e a organización nas sociedades cooperativas.
A acción formativa configúrase en catro sesións de cinco horas de duración cada unha. Está dirixido a persoas desempregadas e aquelas, que estando en activo, queiran traballar de forma cooperativa. O grupo mínimo para poder facer o obradoiro é de 10 persoas. O obradoiro é gratuíto e as inscripcións pódense facer aqui