AEDL realiza un curso para a preparación do exame de competencias clave

08 / ABR / 2016

AEDL realiza un curso para a preparación do exame de competencias clave

O Concello de Sada, a través da Concellería de Urbanismo e Emprego que dirixe Francisco Montouto, está a por en marcha a organización de diversas accións formativas dentro do seu I Plan de Formación Municipal para o Emprego (FORME) que se realizarán no ano 2016.

Comézase cun curso de Competencias Clave para melllorar a empregabilidade das persoas que non teñan a ESO. 

Máis información Competencias Clave

Obxectivo: Preparar o examen de competencias clave nivel 2 e 3 que se vai realizar en Silleda o vindeiro 21 de maio de 2016. 

Programa: As competencias clave necesarias para acceder a todos os certificados dos niveis 2 e 3 de cualificación:

- competencia matemática

- comunicación en lingua galega

- comunicación en lingua castelá.

A competencia en comunicación en lingua estranxeira requirirase para ter acceso aos certificados de profesionalidade que teñan recoñecido un módulo de idioma estranxeiro no seu programa, xa sexa de nivel 2 ou 3 de cualificación.

Están exentas de realizar as probas de competencias clave as persoas que cumpran os requisitos para acceder aos certificados de profesionalidade (recollidos no anexo III da Orde de convocatoria) e estarán exentas de realizar as probas das competencias clave en comunicación en lingua galega as persoas que cumpran os requisitos recollidos no anexo V da Orde de convocatoria.

Data de Inicio: 12 de abril de 2016

Duración: 92 h.

Horario: 9:30 h. a 13:30 h., Martes,  mércores, xoves e venres

Lugar: Cámara Agraria, Riobao, s/n

Inscricións: http://goo.gl/forms/tv1pKcbKR3

Tl.: 881.92.90.57/981.62.00.75

aedl@concellodesada.com