30 / XUN / 2017
O contrato ten por obxecto os servizos de explotación dun bar nas instalacións da piscina “Pía do Loureiro”, sita nas Cerámicas do Castro para venda de xeados, lamberetadas, refrescos e bocadillos, así como o mantemento de dita piscina, con suxeición ás prescricións técnicas aprobadas. As necesidades administrativas a satisfacer mediante o contrato son as de ofrecer servizos aos usuarios da piscina, en exercicio da competencia municipal de promoción do deporte e da ocupación do tempo libre.
- Prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación menor dos servizos de bar e mantemento da piscina do Castro.
- Prego de Prescricións Técnicas do Servizo de Bar e Mantemento da Piscina Municipal descuberta do Castro.
- Publicación na PCPG: Plataforma de Contratos Públicos de Galicia
- Ligazón ao Perfil do Contratante