-Desde a Concellería de Urbanismo e Emprego se informa que aínda quedan prazas dispoñibles nalgún dos seis cursos que o centro de Sada programa.
-As persoas interesadas en apuntarse poderán inscribirse nos cursos a través da aplicación XEA (Xestion de aula) co seu usuario e contrasinal ou acudir ao aula sita na Praza da Pescadería para que o axente TIC axúdelles a matricularse.
Sada 2 de maio
A aula da rede CeMIT de Sada instalada na Praza da Pescadería oferta seis novos cursos de informática nos próximos dous meses.
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica é unha iniciativa que ten como fin alcanzar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020 e entre os seus obxectivos atópase impulsar, potenciar e difundir os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da cidadanía coa impartición de actividades formativas no campo da alfabetización dixital e do emprendimiento.
En Sada ofértanse seis cursos, a desenvolver desde maio a xuño. Un deles adicado a aprender a crear facilmente follas de Cálculo, outro que axudará a coñecer as posibilidades que ofrecen as aplicacións de Google, un terceiro de iniciación á informática e internet para maiores, outro para aprender a crear facilmente documentos de texto e finalmente dous cursos dedicados a aprender a crear facilmente presentacións.
Cursos que comezan en maio e para os que aínda quedan prazas
Dentro dos cursos aos que poden acceder as persoas interesadas están o de Aplicacións de Google que conta aínda con catro prazas dispoñibles. Este curso terá unha duración de 18 horas e impartirase desde o 4 de maio os mércores e xoves de cada semana do mes en horario de 14:00 a 16:30 horas. Nel poderanse coñecer tódalas posibilidades que ofrecen as aplicacións de Google postas a disposición da cidadanía en xeral como das empresas, familiarizarse co termo computación na nube, coñecer e identificar as súas vantaxes, inconvenientes e particularidades ou identificar as aplicacións que integran o paquete Google Apps e para que serve cada unha delas.
Para o curso de Iniciación á Informática para maiores que tamén comeza o 4 de maio tan só queda unha praza dispoñible. Este curso, cunha duración de 20 horas tamén se impartirá desde o 4 de maio os mércores e xoves de cada semana do mes en horario de 15:15 a 19:45 horas.
Outro dos cursos con prazas dispoñibles é o de Folla de Cálculo para o que existen seis prazas dispoñibles. O curso de 16 horas impartirase os luns, martes e venres en horario de 11:30 a 13:30 horas.
En canto aos dous cursos de Elaboración de Presentacións e o de Procesador de Textos básico, todos eles con comezo a finais de maio e principios de xuño, ábrese a inscrición para todas aquelas persoas interesadas en asistir aos mesmos.
Para inscribirse nos cursos o usuario ten dúas opcións, ou ben iniciar sesión na aplicación XEA (Xestion de aula) co seu usuario e contrasinal, ou ben, acudir á aula da rede CeMIT, sita na Praza da Pescadería para que o axente TIC axúdelle no proceso de matriculación. A ligazón de información e inscricións é: https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/actividades?execution=e1s1