O Goberno Municipal de Sada apoia a folga convocada na atención primaria da sanidade pública de Galicia
Sada, 26 de novembro de 2019
O Goberno Municipal de Sada apoia a folga na atención primaria da sanidade pública de Galicia. "Prestamos o apoio aos actos convocados cos que se pretenden mellorar as condicións da atención primaria na sanidade pública de Galicia".
Con esta convocatoria reclaman os seguintes puntos:
- Incrementar o tempo de atención a cada paciente.
- Aumento do orzamento para incrementar o persoal.
- Rematar coa precariedade.
Solicitamos a resposta de toda a cidadanía do municipio, vítimas indirectas dun sistema que se volveu precario polas actuacións sistemáticas de recortes por parte da Xunta, unirse as mobilizacións do 27 e 28 de Novembro, comprendendo e apoiando a eses profesionais, vítimas directas do sistema, que loitan por un servizo digno para as galegas e galegos.