APOIO AS PERSOAS COIDADORAS DE PERSOAS DEPENDENTES EN SADA

20 / NOV / 2023

APOIO AS PERSOAS COIDADORAS DE PERSOAS DEPENDENTES EN SADA

Os Servizos Sociais da concellería de Benestar Social do concello de Sada van desenvolver o Taller gratuito de apoio ás persoas coidadoras de persoas dependentes “Coidarte para coidar”

Datas: Luns de 11:00 a 12:30 horas . Comezo 27 novembro.

Lugar: Centro dos Servizos Sociais. Lagoa 44, portal 4, baixo dereita.

 

Este taller desenvólvese co obxectivo de:

  • Mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras non profesionais.
  • Ofrecer apoio emocional e psicolóxico para reducir o impacto negativo que, ás veces, poden experimentar os coidadores e coidadoras non profesionais.
  • Desenvolvemento de estratexias de afrontar o estrés
  • Prestar os coidados sen comprometer a súa saúde.

Se tes interés en participar no taller inscríbete no seguinte enlace: https://forms.gle/zjjUKYTSn43V65Cz5

 

Arquivado en