28 / XUN / 2024
Prazo: O período voluntario de cobranza dos tributos indicados, será do día 1 de xullo de 2024 ao 2 de setembro de 2024
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión do día 06 de xuño de 2024, aprobáronse os seguintes padróns:
- Padrón fiscal da taxa polo mantemento do cemiterio municipal, exercicio 2022
- Padrón fiscal da taxa por Entrada de vehículos a través de beirarúas e reserva vía pública, exercicio 2022
- Padrón fiscal da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras, exercicio 2023
- Conforme o disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria aplicable á facenda das entidades locais en aplicación do disposto no artigo 12 do Real decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aprobou o Texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, quedan expostos ao público durante o prazo dun mes contado a partir do dia seguinte a súa publicación para o seu exame e reclamación por parte das persoas interesadas. O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102 da Lei 58/2003 xeral tributariaPrazo: O período voluntario de cobranza dos tributos indicados, será do día 1 de xullo de 2024 ao 2 de setembro de 2024.
- Lugar de ingreso: En calquera oficina da entidade ABANCA, entidade colaboradora, empregando os instrumento de ingreso (recibos), que se enviarán ao domicilio declarado do contribuínte por correo ordinario.
- En caso de perda o obrigado ao pagamento poderá ata o día 2 de setembro de 2024 obter un duplicado nas oficinas do concello de Sada sita en: Sada: Avda da Mariña , nº 25
- Oficina virtual tributaria: sede electrónica de Sada. Oficina virtual tributaria.
- Os contribuíntes que non tivesen recibidos nos seus domicilios os instrumento de ingreso disporán do mesmo prazo, para solicitalo na oficina indicada, e efectuar o pagamento nas entidades bancarias, posto que a non recepción non exonera da obriga do pagamento, e non impide a utilización da vía de constrinximento.
- O vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comezo do procedemento de constrinximento, o deveño da recarga de prema e demais conceptos esixibles tal e como se fixa nos artigos 26 e 28 e 161 da Lei 58/2003 xeral tributaria