POS+ 2024 Y PLAN COMPLEMENTARIO
O acordo plenario do 31 de maio de 2024 aprobou tamén o Plan Complementario ao POS+2024, no que se inclúen os investimentos solicitados por ese concello neste apartado. Estes investimentos teñen natureza de reserva coa finalidade de poder investir en cada concello os créditos procedentes dunha maior achega provincial a este Plan que xa foi aprobada e que se comunica a ese concello mediante a correspondente Circular, na que se indica a cantidade asignada así como a finalidade á que se pode destinar, de conformidade co previsto nas bases do Plan.
CORRESPONDE AO CONCELLO DE SADA EN GASTOS CORRENTES - SADA 154.268,80€
POS+ADICIONAL 1/2024 PARA GASTOS SOCIAIS EXTRAORDINARIOS DO EXERCICIO 2024
O Pleno da Deputación Provincial da Coruña, con data 31 de maio de 2024, acordou a “Aprobación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) para o financiamento do POS+ Adicional 1/2024 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2024”.
O dito acordo publicouse no Boletín Oficial da Provincia no 107, do 4 de xuño de 2024, para que no prazo de 10 días se poidesen presentar reclamacións ou alegacións. Logo de finalizado o dito plazo sen reclamación ou alegación ningunha, o Plan quedou aprobado definitivamente.
A cantidade do POS+Adicional 1/2024 aprobada para os gastos sociais extraordinarios do exercicio 2024 é a cantidade solicitada por ese concello na súa solicitude, tal e como se sinala deseguido:
APROBACIÓN DA 2a FASE DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (PLAN ÚNICO DE CONCELLOS) ADICIONAL 2/2024 2a FASE DO POS+ ADICIONAL 2/2024 POR MAIOR ACHEGA PROVINCIAL
O Pleno da deputación, na sesión realizada o 22 de novembro de 2024, aprobou a segunda e derradeira fase do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+ Adicional 2/2024 por maior achega provincial.
CORRESPONDE AO CONCELLO DE SADA EN GASTOS CORRENTES - SADA 245.209,1€