As augas dos areais de San Pedro e Arnela cualificadas como excelentes

25 / MAI / 2020

As augas dos areais de San Pedro e Arnela cualificadas como excelentes

No municipio sadense as augas dos areais de Arnela e San Pedro obteñen a mellor cualificación con "excelente". Sada Nova e Cirro manteñen a cualificación de "boa" e As Delicias e Morazón "suficiente".

Cualificación augas das praias de Galicia

Sada 25 maio 2020.

As praias da comarca que están suxeitas aos controis periódicos da Xunta aprobaron en calidade das augas. A Dirección Xeral de Saúde Pública remitiu aos concellos a clasificación sanitaria dos seus arenais, que permanecerá vixente toda esta tempada 2020 e todas as zonas de baño da Coruña e a área metropolitana superaron a proba.

No municipio sadense as augas dos areais de Arnela e San Pedro obteñen a mellor cualificación con "excelente". Sada Nova e Cirro manteñen a cualificación de "boa" e As Delicias e Morazón "suficiente".

Asunto: Clasificación sanitaria final das zonas de baño (será vixente para a temporada 2020)

Dirección Xeral de Saúde Pública remitiu unha carta onde explica que este ano por mor da pandemia da COVID 19, a data prevista para o inicio da tempada de baño e o día 8 de xuño, sempre a expensas das instrucións e datas definitivas de desescalada que indique a autoridade competente.

O artigo 13 do Real decreto 1341/2007, de 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño indica que durante a tempada de baño todas as administracións públicas teñen a obriga de informar e difundir ao público interesado de forma activa, rápida e a través de mecanismos de fácil acceso nas inmediacións de cada zona de augas de baño a clasificación sanitaria e calquera prohibición de baño ou recomendación de absterse deste mediante unha sinalización sinxela e clara.

Achegamos táboa coa clasificación sanitaria final das zonas de baño localizadas no Concello de Sada

 

Arquivado en