AS AVENTURAS DE NABIZA GIRL - O Estraño Caso da Cultura Minguante

23 / FEB / 2025

AS AVENTURAS DE NABIZA GIRL - O Estraño Caso da Cultura Minguante

A concellería de Cultura programa o domingo 23 de febrerio ás 19:00h. na Casa da Cultura Pintor Lloréns "AS AVENTURAS DE NABIZA GIRL - O Estraño Caso da Cultura Minguante" un espectáculo AGADIC

ENTRADA 3€ - Á VENTA A PARTIR DO 10 DE FEBREIRO ÁS 9:30H.

 

SINOPSE:

Isabel Risco volve meterse na pel da súa personaxe máis coñecida e querida: Nabiza Girl. Desta volta, a nosa superheroína enfróntase a un dos seus maiores retos, combater a desaparición progresiva da cultura galega. Conseguirá, cos seus superpoderes e unha gran dose de retranca, vencer ás forzas do mal unha vez máis?. Unha aventura trepidante e divertidísima, na que Nabiza Girl recunca no seu compromiso coa nosa cultura, a igualdade e o noso idioma. En O Estraño Caso da Cultura Minguante, Nabiza Girl contará coa colaboración de Don Galizo, un axudante, interpretado por Alberte Bello, que porá todo tipo de atrancos cómicos. 

Idea Orixinal: Isabel Risco - Dirección: Fran Rei - Texto orixinal : Isabel Risco, Carlos Ares, Fran Rei , baseado na personaxe creada por Isabel Risco - Elenco: Isabel Risco e Alberte Bello - Escenografía e atrezzo : Isabel Risco e Suso Montero - Coreografías e movemento escénico: Estefanía Gómez - Vestiario: Isabel Risco - Espazo Sonoro: Isabel Risco - Iluminación e son: Javier A. Ayude - Imaxe cartaz e video promo :Carlos Babío - Grafismos: Manel Cráneo - Comunicación: Alberto Ramos - Coordinación: Marta Horjales - Produce: Isabel Risco& Maquinaria Pesada . La Yogurtera S.L

Colabora: Concello de Sada

Distribúe: Culturactiva

Arquivado en