As Brañas de Sada declaradas Espazo Natural de Interese Local

11 / FEB / 2020

As Brañas de Sada declaradas Espazo Natural de Interese Local

O Alcalde de Sada, Benito Portela, expresou súa satisfacción con este anuncio que supón “a implantación de medidas activas que garanten a conservación e recuperación das Brañas, así como súa posta en valor como o factor sostible no desenvolvemento económico e social de Sadae agradece a todas as persoas, asociacións e entidades o traballo realizado nestes anos para que As Brañas acadase a declaración de ENIL”.

A declaración de ENIL de As Brañas de Sada é un trámite decisivo para protexer o contorno do humidal e poñer en práctica aquelas medidas precisas para a conservación dos valores naturais que motivan e impulsan a declaración, así como tamén para elaborar o Plan de conservación e de uso público deste espazo natural antes de dous anos desde a súa declaración ENIL.

Declaración ENIL As Brañas

Sada, 11 febreiro 2020.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería de medio Ambiente, Territorio e Vicenda pola que se declaran, de xeito provisional, como espazo natural de interese local As Brañas de Sada e onde se detallan os valores naturais, históricos e etnográficos deste humidal situado en pleno centro da vila, refuxio de especies protexidas e que realiza un labor fundamental de filtración e decantación.

Coa declaración como ENIL de trinta hectáreas de As Brañas, Sada aspira a recuperar este espazo singular, de alto valor ecolóxico, tal e como se firmou no acordo de goberno do actual mandato no que se indicaba que unha vez que a Xunta declarase provisionalmente o ENIL para As Brañas, se licitará “a redacción coordenada dos dous instrumentos de ordenación (o plan de ordenación do ENIL e o plan especial de protección), cos obxectivos de recuperación ambiental e preservación dos valores do humidal protexido”.

A declaración de espazo natural de interese local das Brañas de Sada é un trámite decisivo para protexer o contorno de As Brañas de Sada e tal e como se acordou tamén no Pleno da Corporación, o Concello comprométese formalmente a poñer en práctica aquelas medidas precisas para a conservación dos valores naturais que motivan e impulsan a declaración como ENIL “Brañas de Sada”, así como tamén se compromete a elaborar o Plan de conservación e de uso público deste espazo natural de interese local antes de dous anos.

O Alcalde de Sada, Benito Portela, expresou súa satisfacción con este anuncio que supón “a implantación de medidas activas que garanten a conservación e recuperación das Brañas, así como súa posta en valor como o factor sostible no desenvolvemento económico e social de Sada e agradece a todas as persoas, asociacións e entidades o traballo realizado nestes anos para que As Brañas acadase a declaración de ENIL”.

O plan de conservación identificará os valores que hai que protexer e os posibles riscos que poidan afectar aos valores naturais, establecerá as normas de uso e aproveitamento do solo e dos recursos naturais, destinadas a protexer e conservar ou mellorar ditos valores ambientais. Tamén definirá as normas relativas ao uso público, así como as actividades científicas e educativas.

Ademáis coa ordenación do humidal darase resposta á realizade urbana e á súa problemática específica, consistente na existencia dun espazo natutal singular de alto valor ecolóxico rodeado polo medio urbano, o cal exerce unha forte presión constituindo unha ameaza cara o mantemento de ditos valores. “Temos como obxetivo, sinala o alcalde, acadar un axeitado grao de protección do espazo ordenado consonte aos valores naturais e ambientais, e consonte ao réxime de clasificación de solo rústico que o PXOM lle outorga”.

Unha aposta do Goberno iniciada no 2015

O 29 de outubro de 2015 o pleno da Corporación aprobou solicitar da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a declaración das Brañas de Sada como Espazo Natural de Interese Local, ao abeiro do artigo 17 da Lei 9/2001, de 21 de agosto, e Decreto 124/2005, do 6 de maio, polo que se regulan a figura do espazo natural de interese local e figura do espazo privado de interese natural, de conformidade coa memoria redactada ao efecto polos servizos municipais.

O PXOM permitirá desenvolver o Plan Especial de As Brañas co  obxectivo de protexer os valores naturais do territorio coa finalidade de preservar os hábitats do humidal das Brañas de Sada. A través do Plan establecerase a ordenación detallada do ámbito e se dotará dun anel verde de carácter público que permitirá o achegamento dos veciños e veciñas de Sada ao medio natural co máximo respecto e sen que este feito implique a perda de valores ecolóxicos, ambientais,culturais e paixasísticos do espazo.

O propósito que se marca o Concello é converter As Brañas nun espazo de lecer, sempre co debido respecto aos hábitats naturais. O plan inclúe a posta en marcha actividades de educación ambiental e de divulgación etnográfica a través da rehabilitación das instalacións e a maquinaria dunha telleira en bo estado de conservación para explicar os pormenores dunha industria crucial en Sada durante o século XX.

 

Arquivado en