As Brañas, Espazo Natural de Interese Local

08 / NOV / 2018

As Brañas, Espazo Natural de Interese Local

A XUNTA DE GALICIA PUBLICA O ANUNCIO POLO QUE SE SOMETE A EXPOSICIÓN PÚBLICA A DECLARACIÓN ENIL DE AS BRAÑAS DE SADA

Documentación completa do ENIL As Brañas de Sada

No día de onte a Xunta de Galicia publicou no DOGA o anuncio polo que se somete a participación pública a proposta de declaración de espazo natural de interese local da zona das Brañas de Sada.

Unha vez que o Concello de Sada solicitou esta declaración e se mandou de forma axeitada a documentación requirida pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural na conformación do expediente da declaración ENIL, agora a Xunta abre un período de exposición de consulta pública e audiencia aos interesados por un prazo de 20 días hábiles para presentar as alegacións que estimen pertinentes.

A declaración de espazo natural de interese local das Brañas de Sada é un trámite decisivo para protexer o contorno das brañas de Sada e tal e como se acordou no Pleno, o Concello comprométese formalmente a poñer en práctica aquelas medidas precisas para a conservación dos valores naturais que motivan e impulsan a declaración como ENIL “Brañas de Sada”, así como tamén se compromete a elaborar o Plan de conservación e de uso público deste espazo natural de interese local antes de dous anos desde a súa declaración ENIL.

O Alcalde de Sada, Benito Portela, expresou súa satisfacción con este anuncio que supón “a implantación de medidas activas que garanten a conservación e recuperación das Brañas, así como súa posta en valor como o factor sostible no desenvolvemento económico e social de Sada”.

 

Arquivado en