III Exposición de "A Camelias de As Mariñas"
Horarios: Sábado 16 de marzo de 17:00 a 20:00 horas. Domingo 17 de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.
Lugar: Entrada da Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada
Sada, 12 de marzo 2019.
Ás cinco da tarde inaugurase este sábado, 16 de marzo, a III Edición de “A Camelia de As Mariñas” na Pintor Lloréns coa presenza do deputado provincial, Xesús Soto, o alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de Benestar Social, Isabel Reimúndez, acompañados pola representante da Sociedad Española de la Camelia, María Gayoso.
Este ano, e tras a celebración do LV Concurso Exposición Internacional da Camelia en Pontevedra o pasado fin de semana, en Sada estará presente o gañador do premio Antonio Odriozola, José Carlos Montes, de Tui, que competiu coa camelia xapónica da especie Lady Vansittart, que mereceu o galardón de flor individual mais destacada.
Na exposición de Sada tamen poderanse contemplar as flores de Cuca Rozas, a quen o xurado otorgou a máxima puntuación coa súa xapónica vermella, e as presentacións artísticas de Antonio Montes Fernández, clasificado no segundo lugar na internacional pontevedresa.
Esta terceira edición da Camelia de As Mariñas conta con 25 expositores, o ano pasado foran 17, aumentando moitísimo a presenza de sadenses que pouco a pouco están animándose a participar activamente nesta mostra.
Como novidade este ano os alumnos do curso municipal de fotografía farán o domingo un safari fotográfico aproveitando a especial beleza das flores e das decoracións florais e agardando que das súas instantáneas saía unha exposición fotográfica para o vindeiro ano. O carácter local e propio está tamén presente no cartel deste ano que é obra do sadense Eduardo Ramallo.