-O concello entregará preto de 100 kg. de lambetadas aos comercios e locais de hostelería participantes para distribuir entre los maís novos.
-Segundo a concelleira de Educación, a socialista Raquel Bolaño, trátase dunha actividade inclusiva coa entorna onde se move á participacion local e de toda a familia pero tamén é unha iniciativa de ocio que reverte no comercio e hostelería local”.
Sada 26 outubro.
“Doce ou truco” ou “truco ou trato”, é unha actividade de Halloweenn na que os nenos percorren as casas da súa veciñanza disfrazados, pedindo doces coa frase “doce ou truco? ou “truco ou trato?”. O truco é unha ameaza de broma aos donos da casa no caso de que non se proporcionen lambetadas.
Este ano por primeira vez inclúese un “truco ou trato?”, programado para o luns 31 de outubro, nas actividades de Samain de Sada que organizan conxuntamente as concellarías de Cultura e de Educación e Xuventude co propósito de realizar unha actividade inclusiva coa contorna onde poden participar nenos e nenas xunto aos seus pais, nais, familiares e amigos e coa que ademais se busca potenciar o comercio e a hostalaría local.
A actividade é sinxela. Os rapaces e maiores participantes collerán unha tarxeta na Capela de San Roque a partir das 18:00 horas do luns 31 de outubro. Con isa tarxeta terán que visitar os establecementos involucrados nesta iniciativa para xuntar cantas máis lambonadas mellor. Deste modo poderán facerse cunha boa bolsa coa que gozar do cine de Samaín pola noite e tamén acumular tickets para participar no sorteo que se realizará na carpa situada detrás da Terraza.
O concello repartirá preto de 100 kg. de lambetadas entre os trinta establecementos participantes ata o momento, aínda que se espera a participación de medio centenar de empresas do municipio xa que non se pechará a participación ata o próximo venres.
Para animar o “truco ou trato?” as zonas máis amplas das nosas rúas acollerán unha sucesión de coreografías a cargo das escolas de danza de Carmen López-Centro de Benestar Roberto Ríos e de Sadanza da Sociedad Recreativa, Cultural e Deportiva, quenes animarán diferentes rúas con coreografías macabras e terroríficas, poñendo a ambientación ideal para celebrar esta festa.
Desde as concellerías xestionadas polas socialistas Maria Pardo e Raquel Bolaño, sinalan que este tipo de xestión de actividades inclusivas co entorno e onde se move a participacion local suponen tamén unha iniciativa de ocio que reverte no entorno do comercio e hostelería local. As empresas participantes aportan unha pequeña cantidade dineraria que en conxunto sortearase nun vale para gastar en todos os comercios participantes.
O día rematará cun cine de Samaín nocturno, na carpa situada tras do edificio da Terraza. Haberá un pase para público familiar coa película “Frankenweenie”, de Tim Burton. Á finalización realizarase o sorteo de diferentes premios entre os tickets que os participantes no “truco ou trato?” foron conseguindo nos establecementos, rematando esta primeira parte da noite cunha “purificadora queimada” para os adultos.
Ás 00:00 horas haberá un segundo pase para público adulto cunha das películas de terror mellor valoradas de todos os tempos: “El Resplandor”, de Stanley Kubrick, cunha das actuacións máis memorables de Jack Nicholson. Ó final deste pase repartiremos vales canxeables das promocións que os establecementos foron achegando durante á semana.
“Esta actividade, a xuízo de Raquel Bolaño, desenvólvese plenamente dentro dun ambiente solidario e acolledor, e na que a colaboración de pais, nais, familiares e amigos é fundamental xuntando actividades socioeducativas, encamiñadas á inserción das persoas na contorna local, coa promoción do propio comercio e hostelería de Sada”.