“Recuperar os nosos produtos autóctonos e darlles un novo valor é innovar”, sinalou o presidente, José Antonio Santiso.
-“Sada ten a porta aberta, indicou o alcalde Benito Portela, a todas as persoas que queiran traballar nos tres ámbitos que consideramos primordiais como son o desenvovemento do sector primario, a divulgación ambiental e a protección do patrimonio ambiental.”
- Audio das declaracións do acto
Sada, 30 de maio.
A reserva de biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que integra a 17 municipios da área metropolitana, celebrou o III Aniversario da declaración por parte da Unesco. Sada foi nesta ocasión o Concello que acolleu a programación institucional.
No paseo marítimo de Sada xuntáronse o pasado venres decenas de entidades e personalidades vinculadas coa reserva. Desde alcaldes e representantes municipais, incluíndo do Concello da Coruña, até membros do comité científico, de asociacións, e institucións como o Club de Finanzas, o Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais, ou a Asociación de Novos Empresarios.
As Mariñas Coruñesas recorreu a un sinxelo recordo: unha árbore plantada simbólicamente cunha placa en conmemoración da data, na que figura un pequeno texto de Suárez Picallo, que foi lido ao público polo alcalde de Sada, Benito Portela.
O presidente da reserva, José Antonio Santiso, estivo acompañado nas intervencións polo alcalde de Sada, Benito Portela, o presidente do Consello Internacional do programa Home e Biosfera da Unesco, o mexicano Sergio Guevara, o representante de Parques Nacionais, Francisco Cantos, e o xerente das Mariñas Coruñesas, Jorge Branco.
Santiso realizou un pequeno balance e adiantar un pouco do futuro da reserva coruñesa. Aínda que é necesario tempo para ir obtendo resultados, fixo mención aos 400 veciños desempregados que tiveron a oportunidade de formarse durante este tres anos, en áreas de potencial desenvolvemento vinculadas ao noso territorio.
O presidente adiantou unha idea, sen chegar a desvelala, que estes días está a analizar con Sergio Guevara. “Queremos ser tamén peza crave na rede mundial de reservas”, asegurou Santiso, á vez que Guevara asentía.
O mexicano tivo bonitas palabras para As Mariñas Coruñesas, da que destacou o seu “gran potencial” e a aposta pola convivencia do home e a natureza.
O alcalde de Sada agradeceu a presenza de personalidades e destacou na súa intervención o traballo da reserva biosfera por plantexar e axudar as adminsitracións nas melloras non ámbito medioambietal recuperando os labores e oficios tradicionais. “Estamos, sinalou Benito Protela, moi agradecidos do traballo dá Reserva dá Biosfera.”
Finalizou ou alcalde indicando que “Sada ten a porta aberta a todas as persoas que queiran traballar nos tres ámbitos que consideramos primordiais como son o desenvovemento do sector primario, a divulgación ambiental e a protección do patrimonio ambiental.”
Exposición de produtos en Sada
A reserva e o Concello de Sada celebraron o sábado e o domingo a Exposición de produtos da Reserva de Biosfera nunha carpa instalada na parte de atrás do edificio da Terraza.
Nesta exaltación de produtos da Reserva de Biosfera promocionáronse e vendéronse produtos de calidade das empresas deste territorio recoñecido pola UNESCO, moitas delas susceptibles de incorporarse á Marca de Calidade de produtos e servizos de “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.
Un evento no que o visitante puido coñecer os produtos de calidade que se están producindo neste territorio, degustar viño da Indicación Xeográfica Protexida “Viño dá Terra de Betanzos”, cervexa artesá, queixos, xeados, conservas vexetais, marmeladas, produtos de horta, pan de Carral, froita de tempada, mel, patacas, xelea, confitados, etc.