O Concello de Sada, a través da concellería de medio Ambiente, animou no día de onte ás nenas e nenos do municipio a realizar un debuxo con motivo do Día Internacional dos Bosques e para facer un pouco máis animada a tarde no estado de confinamento que estamos a sufrir “especialmente os nenos e nenas”.
A través da rede social de facebook do Concello e seguindo as recomendacións de distintas organizacións desde a concellería animaban “a facer unha plantación virtual de árbores” para logo mostralas a todos a toda veciñanza.
O plantexamento era sinxelo. En primer lugar debuxar unha árbore. En segundo lugar facerlle unha foto ao debuxo e compartila no facebook do Concello de Sada. E finalmente colgar o debuxo na ventá de cada casa.
O resultado é o que vos mostramos a continuación, debuxos de todas as formas e colores que iluminaron a tarde de onte as rúas do municipio.
Desde a Concellería de Medio Ambiente agradecen a participación dos máis pequenxs e a implicación das nais e pais que fixeron posible esta actividade. E anuncian máis actividades similares, para desfrute de toda a familia nestes días nos que o importante é quedar na casa.