As rúas de sada serven para tomar conciencia das desigualdades de xénero

11 / MAR / 2016

As rúas de sada serven para tomar conciencia das desigualdades de xénero

Seguindo coas celebracións do Día da Muller, a concellería de Cultura, xestionada por Marcos Villar, programa diversas actividades na búsqueda da concienciación sobre o desequilibrio de xénero presente na nosa sociedade e lembrando que os nosos dereitos e oportunidades están ao alcance de toda a cidadanía sen diferenciación algunha por razón de xénero.

“Desde a Concellaría de Cultura, sinala o concelleiro Marcos Villar, entendemos que dar visibilidade a tales inxustizas axuda a tomar conciencia das mesmas e contribuirá a que xeracións futuras sexan educadas na máis absoluta tolerancia”.

A primeira das actividades prevista é unha obra de teatro, "Iriña Bailarina" de Teatro dous Ghazafelhos, que está programada para a tarde de hoxe venres 11 de marzo ás 18:00 horas, adecuada para toda a familia e que aborda en clave de humor os diferentes roles sexistas.

A segunda, unha campaña de denuncia social que terá a partir de hoxe o seu reflexo nas rúas de Sada para ser lembrada tamén no día a día. En días pasados pediuse a colaboración da cidadanía a modo de frases describindo aquelas situacións de desigualdade ou ben frases coas que evocar un futuro de igualdade. Con todo o material recompilado fixose unha coidada selección que convertirá as rúas de Sada nun gran lugar para tomar conciencia”.

As frases seleccionadas para a acción de concienciación que pintaranse nos pasos peonís son as seguintes:

PARA UN MESMO TRABALLO, UN MESMO SALARIO.

A IGUALDADE É A FÓRMULA PARA A CONVIVENCIA.

A DIGNIDADE NON SABE DE SEXOS.

DESPEXA AS TÚAS INCÓGNITAS, XX=XY.

QUE A IGUALDADE DE DEREITOS SE CONVIRTA NUN FEITO.

RACHA COS TÓPICOS, AS CORES NON TEÑEN XÉNERO.

DOUS SEXOS PARA UN ÚNICO XÉNERO, O HUMANO.

EDUCACIÓN DÁ SOCIEDADE = FUTURO EN IGUALDADE.

As frases foron seleccionadas entre os comentarios deixados no facebook de Cultura e as recibidas no correo electrónico. 

Arquivado en